Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 3 de julio de 2018
PROVINCIA

Carmela Silva volve a instar ás administracións a tomar medidas para fomentar a contratación indefinida

Guardar en Mis Noticias.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra volveu a mostrar a súa preocupación pola precariedade “xa que o 90% dos novos empregos son a tempo parcial”

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, subliñou hoxe que os datos do desemprego do mes de xuño, coñecidos esta mañá “seguen a ser moi preocupantes porque mostran un tipo de empregos vinculados á estacionalidade, a hostalaría e o comercio, e amais nun 90% son a tempo parcial”.  Silva incidiu que este tipo de contratación crea un modelo de salarios baixos e cunha precariedade alarmante. “Estamos a mirar traballadores e traballadoras pobres que, aínda que teñan un emprego, non chegan a fin de mes”, dixo a Presidenta provincial.

 

Carmela Silva destacou que, en xuño, na provincia de Pontevedra máis do 66% dos novos contratos foron creados polo sector servizos, e dicir hostalaría e comercio, e ademais so o 6,79% do total da contratación foi indefinida, rexistrando incluso un descenso sobre o número de contratos a tempo completo feitos no mes de mai0. Carmela Silva tamén subliñou o que acontece no sector da Educación onde ao remate do curso escolar máis de 54.000 docentes ingresan nas listas do desemprego, creando tamén precariedade neste sector.

 

Para a Presidenta da Deputación “é necesario que as administracións que teñen competencias adopten medidas para fomentar a contratación indefinida para evitar ter un mercado laboral precario e absolutamente dependente  da estacionalidade do emprego”.  

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados