Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 8 de julio de 2018
Na prestixiosa feira Hampton Court Palace Flower

Un xardín galego de temática mariñeira que gustou moito en Londres

Guardar en Mis Noticias.

A directora de Turismo, Nava Castro, visitou esta semana na capital británica este certame que recibe cada ano medio millón de visitantes e reúne máis de 600 expositores

[Img #42858]

 

A recreación dun xardín inspirado nas casas de pescadores das rías galegas  vén de recibir a medalla Silver Gilt na modalidade de Xardíns do mundo, o máximo recoñecemento que se outorga aos xardíns participantes na prestixiosa exposición floral anual Hampton Court Palace Flower Show de Londres.

 

A directora de Turismo, Nava Castro, visitou esta semana este certame que sitúa a Galicia entre as mellores iniciativas desta exposición floral que reúne na capital británica a máis de 600 expositores relacionados coa industria do paisaxismo. Baixo o título Rías de Galicia, un xardín ao final da terra, a proposta galega é froito do traballo levado a cabo por Turismo de Galicia para promover un dos recursos de especial significación na Comunidade como é o turismo mariñeiro e tamén para impulsar o potencial turístico da nosa paisaxe. Recrea un xardín típico das zonas costeiras galegas, incluíndo unha parede de cunchas de vieira imitando ás que se facían nalgunhas casas de pescadores das Rías Baixas.

 

 

 

 

Turismo de Galicia ve premiado por terceiro ano consecutivo o seu traballo á hora de impulsar no eido internacional o potencial paisaxístico de Galicia

 

 

 

 

Esta é a terceira vez que unha proposta presentada por Turismo de Galicia obtén este recoñecemento, despois de que o ano pasado participase con O xardín segredo do Pazo, recreando un pazo galego e o ano anterior con A Ruta da Camelia, acadando un premio na máxima categoría. En todos os casos, a Xunta aposta por poñer en valor no eido internacional varios dos recursos singulares de Galicia, como o noso patrimonio artístico, botánico e tamén a cultura asociada ao turismo mariñeiro, cumprindo así os obxectivos da Estratexia de turismo de Galicia 2020, a folla de ruta do turismo galego que traballa para impulsar a singularidade de Galicia como destino, especialmente para o turismo estranxeiro.


Máis de medio millón de visitantes
Estes premios, sumados á grande acollida que nos anos anteriores amosaron os visitantes da feira á proposta de Galicia con produtos cabeceira de marca como A Ruta da Camelia ou Paseando entre Viñedos, propiciaron que a Xunta volvese participar este ano na que é a XXVIII edición do certame. Ademais de presentar este xardín, Galicia conta cun posto informativo desde o que se distribúe información turística da Comunidade, con propostas específicas sobre as diferentes experiencias turísticas en colaboración con operadores británicos que presentan os seus paquetes turísticos con rutas pola nosa Comunidade.


A Hampton Court Palace Flower Show é a máis grande feira anual de xardíns e exposición de flores do mundo e está organizada pola Royal Horticultural Society (RHS). Participan preto de 40 xardíns e 600 expositores. Celebrarase en Londres ata o vindeiro 8 de xullo.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados