Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 5 de julio de 2018
SALCEDA DE CASELAS

Besada acusa ao PSOE de Salceda de "alarmar a veciñanza sen contar a verdade"

Guardar en Mis Noticias.

"A xestión económica do Concello de SALCEDA DE CASELAS pecha o exercicio económico de 2017 con resultado orzamentario, remanente de tesourería e aforro bruto e neto en positivo" segundo asegura.

[Img #42862]

 

O Equipo de Goberno do Concello de Salceda ven de emitir un comunicado no que lamenta "unha vez máis a actitude alarmante do PSOE, que fala de incumprimento da regra de gasto e de estabilidade orzamentaria, esquecéndose de decir que se debe ao préstamo de 789.723,63 € que o Concello de Salceda tivo que pedir para facer fronte aos pagos polas expropiacións dos terreos para o Raíña Aragonta feitas polo PP.  Acusan dende o Concello á portavoz do grupo socialista de facer demagoxia e tentar alarmar á veciñanza afirmando 'que se gasta o que non se ten', cando os resultados orzamentarios da liquidación son positivos, e a única causa pola que se incumpren algún parámetros é o mencionado crédito que o Equipo de Goberno tivo que solicitar para poder así cumprir coas persoas expropiadas ás que o goberno do Partido Popular non lles pagou o adebedado" explican.

 


José Luis Gonzalez, Concelleiro de Facenda asegura que  "os datos ó peche do exercicio 2017 conseguiron parámetros económicos favorables para a facenda municipal, cun resultado orzamentario positivo. O Plan Económico Financeiro permitirá ademáis que o resto de parámetros presenten un resultado tamén positivo nos vindeiros anos. O PSOE volve crear alarmismo sen aportar os datos correctos, tal como fixo xa con temas tan importantes como a calidade da auga ou o ensino en Salceda”.


Pola súa banda Marcos Besada, o alcalde, aseguraba que "este Goberno cumpre os seus compromisos, e así fixemos tamén cos expropiados e expropiadas do Raíña Aragonta que dunha vez por todas puideron cobrar o que se lles debía. A veciñanza de Salceda sabe que seguiremos a facer unha xetión económica seria e responsable e que seguiremos a cumplir con todos e todas os que dun ou doutro xeito traballan para o Concello”

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados