Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 6 de julio de 2018
TOMIÑO

Tomiño, pon en marcha as actividades de verán coa participación de centos de nenos e nenas

Guardar en Mis Noticias.

Paralelamente, están a piques de empezar outras propostas, coma o campus de rugby, e de fútbol.

[Img #42927]

 

Un centenar de nenos e nenas acoden dende esta semana ao campamento urbano organizado polo Concello de Tomiño, dentro das actividades de verán.


Todas as mañás, de 9 a 14 horas, debuxan, aprenden, fan manualidades, xogos cooperativos e un longo etcétera.

 

Divididos en dous grupos, por idades (3 a 6 e 7 a 12 anos), comparten as súas inquedanzas con nove monitores, tres de eles en prácticas.


Esta semana terán cociña e a visita do mago “Samu” coma novidades. Algúns repiten experiencia e outros veñen por primeira vez, coma Xabi, 8 anos, de Barrantes, ou Marta, 9 anos, de Areas (Tui). Ao primeiro gústalle todo o que fan, mentres que a segunda prefire os xogos en grupo. Unha das monitoras, Lorena Méndez, de Chirlo Mirlo, corrobórao: “o que máis lles gusta son os xogos libres”.

 

Nesta semana comezaron tamén os campus de tenis e padel, con máis de 50 persoas apuntadas. O monitor Fabián Gutiérrez Corvetto , salienta a aceptación cada vez maior deste tipo de deportes até o de agora minoritarios, situación que no caso de Tomiño é posible tamén polas pistas da Área do Mosteiro, anexas ao colexio Pedro Caselles, arranxadas polo Concello recentemente.

 

Paralelamente, están a piques de empezar outras actividades, coma o campus de rugby, piragüismo e fútbol; este último, do 16 ao 28 de xullo, nos campos do Regatiño e da Carballa, ou as actividades artísticas, para público infantil e adulto, organizadas polo Concello na Aula Museo Pintor Antonio Fernández, e outras nas que se conta coa participación do Grupo de Voluntariado Local, constituíndo un complemento ideal para a programación cultural de verán (O Son da Praza, visitas guiadas por rutas de valor ambiental, histórico, arqueolóxico, etc.).

 

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salienta o carácter amplo e inclusivo da axenda de verán, deseñada pensando en ofrecer actividades para todos os públicos, de xeito que tomiñeses e tomiñesas teñan alternativas de ocio de calidade e, na súa maioría, de balde, durante a época estival. Asemade, dende o Concello búscase axudar a conciliar a vida laboral e familiar dos pais e nais que traballan fora da casa.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados