Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 7 de julio de 2018
PONTEAREAS

O Concello de Ponteareas denuncia a "desaparición" dun vehículo todoterreo

Guardar en Mis Noticias.

Coa chegada dunha multa de tráfico o goberno descubríu a existencia

O goberno de Ponteareas denuncia ante a Garda Civil a desaparición e apropiación dun vehículo todoterreo cedido pola Xunta de Galicia ao concello no ano 2003 para a Policía Local e solicita a baixa temporal do vehículo en Tráfico.


Unha multa de tráfico por non terse sometido o vehículo reseñado á inspección técnica periódica e tampouco terse detido ao tentalo parar os axentes da Garda Civil destapou a existencia dun vehículo do que, ata o de agora, non tiña constancia o goberno de Ponteareas.


Trátase dun Nissan Terrano II, un vehículo cedido pola Xunta de Galicia ao concello de Ponteareas en propiedade segundo o establecido na orde do 9 de abril de 2003. Este vehículo supuña un apoio aos corpos da Policía Local de Galicia e foron moitos os concellos que se beneficiaron destas cesións.


Coa chegada desta multa e dunha seguinte por exceso de velocidade comezáronse as pertinentes xestións e o goberno procedeu á súa denuncia que, segundo a información recollida, “o vehículo desapareceu alomenos no ano 2010, no que o concello deixou de aseguralo. Non se descarta que esta desaparición estea relacionada coa compra, a prezo simbólico, dun vehículo Citroen C-15, pero o Concello non podía dispor do todoterreo, pois a día de hoxe aínda é a Xunta de Galicia a propietaria do vehículo desaparecido”.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados