Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 6 de julio de 2018
TUI

Feijóo avanza novas liñas de axudas para paliar os danos da explosión pirotécnica no concello de Tui

Guardar en Mis Noticias.

Lembra que a Xunta actuou coa maior axilidade posible, con atención médica e psicolóxica aos afectados; ofrecendo solucións para que os dous menores que quedaron orfos poidan continuar coa súa vida ; e coas axudas ás familias afectadas

[Img #42964]

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciaba onte a aprobación de novas liñas de axudas para paliar os danos da explosión pirotécnica no Concello de Tui que ata o de agora ascenden a máis de 7 millóns de euros no ámbito da vivenda.

 

Na rolda de prensa do Consello, Feijóo lembrou que a Xunta actuou coa maior axilidade posible desde o primeiro momento, con atención médica e psicolóxica aos afectados; ofrecendo solucións para que os dous menores que quedaron orfos poidan continuar coa súa vida -unha reposta na que están implicados tanto os servizos de menores da Xunta, que son os que teñen a tutela, como unha familia de acollida-; e coas axudas ás familias afectadas.

 

Sobre este último punto, precisou que o 30 de maio a Xunta xa aprobara un Decreto de medidas urxentes para axudar á reparación dos danos e o 5 de xuño, dúas semanas despois da explosión, publicáronse no DOG esas medidas urxentes para pagar os gastos de aloxamento das persoas que non puideron seguir vivindo nas súas casas e para reparar os danos nas vivendas.

 

 

 

 

Destaca que so dúas semanas despois da explosión, publicáronse no DOG as medidas urxentes para pagar os gastos de aloxamento das persoas que non puideron seguir vivindo nas súas casas e para reparar os danos nas vivendas

 

 

 

 

Máis polo miúdo precisou que, a día de hoxe, as axudas para afrontar os gastos de aloxamento provisional recibiron 14 solicitudes, das que 13 están resoltas, concedidas e pagadas xa as mensualidades correspondentes e hai unha que está en tramitación que foi presentada este mesmo luns. Segundo lembrou, o prazo para solicitalas remata o vindeiro luns 9 de xullo e os afectados só teñen que presentar un certificado do concello.


 
Sobre as axudas para reparar os danos nas casas e no enxoval, recibíronse 34 solicitudes, 12 das cales ao longo da última semana (desde o 27 de xuño). Delas, 14 están xa resoltas e concedidas e 8 pediron o seu pago anticipado, que se lles concedeu este mesmo mércores. O resto de expedientes están en tramitación dado que moitas se presentaron os últimos días.

 

Logo de avanzar que a Xunta vai valorar as necesidades económicas dos dous menores que quedaron orfos e buscar a forma de axudar as familias de acollida ou, directamente os orfos, o titular do Goberno galego anunciou que a Consellería de  Economía, Emprego e Industria encargarase de compensar os danos provocados pola explosión para establecementos comerciais, industriais, turísticos ou mercantís. A Xunta vai achegar ata 500.000 euros ampliables no caso de que fose preciso, cun prazo dun mes para resolver as solicitudes e 15 días para pagar.

 

 

 

 

Afirma que a Xunta vai valorar as necesidades económicas dos dous menores que quedaron orfos e tamén vai achegar axudas a establecementos comerciais, industriais, turísticos ou mercantís para paliar os danos sufridos

 

 

 

 

Por último, a Consellería do Medio Rural, ocuparase de axudar aos titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras que sufriron danos por mor da explosión, a través  de tres liñas: a primeira estará destinada á reparación de bens, maquinaria, equipamento ou medios de produción das explotacións agrícolas ou gandeiras, cun límite máximo de 25.000 euros por explotación. A segunda terá como obxectivo a compensación pola perda total ou parcial da produción agrícola das explotacións agrícolas e gandeiras, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 15.000 euros. E a terceira liña compensará pola morte de gando ou a perda de colmeas en explotacións apícolas, con diferentes importes segundo a especie e cun límite por persoa de 15.000 euros.


 
Os interesados terán para solicitar estas tres axudas 15 días naturais a partir da súa publicación no DOG.

 

Deste modo, Feijóo fixo fincapé en que o Goberno galego segue apoiando coa máxima celeridade posible ás persoas afectadas pola explosión do pasado 23 de maio, valorando o feito de que se levantase a prohibición xudicial de acceder á zona para retirar os escombros.

 

O presidente da Xunta reiterou a necesidade de que todas as Administracións colaboren, ao igual que xa o estamos a facer desde a Xunta e desde o Concello. Neste senso, ve fundamental que a Deputación de Pontevedra axude tamén aos veciños así como que o Goberno central colabore para paliar os efectos dunha neglixencia que se produciu nun ámbito de competencia exclusivamente estatal. Segundo asegurou, así llo solicitará ao presidente do Goberno central na cita que terá con el a vindeira semana.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados