Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 9 de julio de 2018
SALCEDA DE CASELAS

Os socialistas de Salceda piden accesibilidade no Pavillón Municipal

Guardar en Mis Noticias.

O Grupo socialista solicitou no pasado pleno que se realicen as actuacións necesarias para dotar o Pavillón Municipal de accesibilidade

[Img #42975]

 

"Salceda dispón dun Pavillón Municipal con numerosas actividades deportivas, tanto de entrenamento, como campionatos e exhibicións. Ademais, en moitas ocasións tamén acolle actividades culturais e solidarias. Sen embargo, esta infraestructura non dispón de ningún tipo de accesibilidade para aquelas persoas que teñen problemas de mobilidade”, afirma a voceira Verónica Tourón.

 

Doutra banda, destacan as concelleiras socialista, que “dende o noso grupo consideramos prioritarias todas aquelas actuacións que nos levan a ser unha sociedade máis igualitaria e que eliminen as barreiras de accesibilidade que este colectivo sufre no día a día. Xa na pasada lexislatura, cando xestionábamos a concellería de deportes, comezouse o estudo, e solicitáranse diversos orzamentos para dar solución a este problema, que se podían agora retomar”.

 

Entenden ademais que "se debe priorizar aquelas obras máis necesarias e darlle prioridade á eliminación de barreiras, posto que como é lóxico sería imposible realizalas todas".

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados