Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 8 de julio de 2018
VAL MIÑOR

A Mancomunidade do Val Miñor abre o seu cuarto proceso de selección para contratar socorristas

Guardar en Mis Noticias.

A Mancomunidade do Val Miñor abrirá novamente este domingo o proceso de selección de seis postos de traballo de socorristas ampliables ata quince co obxectivo de mellorar o servizo nas praias de Nigrán e Baiona. Este é o cuarto procedemento iniciado dende o mes de maio pola Mancomunidade e ata agora permitiu a contratación de 11 socorristas que desenvolven xa o seu traballo nos areais dos dous municipios xunto a Protección Civil. O obxectivo desta nova convocatoria é ampliar o número de profesionais de salvamento ata 35. Os interesados dispoñen ata o 12 de xullo para poder presentar a súa solicitude. Dende a Mancomunidade ofrécese un contrato de dous meses de duración, de 37,5 horas semanais e unha retribución de 1.161,34 €. Toda a información sobre o proceso e o modelo de instancia pode ser consultado na web www.baiona.org no apartado de 'Emprego'.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados