Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 10 de julio de 2018
PROVINCIA

Depoemprende segue adiante co visto bo do goberno provincial

Guardar en Mis Noticias.

Aqueles colectivos con maior risco de exclusión laboral teñen prioridade para participar nesta iniciativa, que busca o fomento do emprendemento e o apoio na busca de emprego

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de asesoramento e mentorización do proxecto Depoemprende 2017. Trátase dunha iniciativa para o fomento do emprendemento, posto en marcha pola Deputación e pola Fundación Incyde e cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O procedemento de adxudicación desta contratación iniciarase ao día seguinte á publicación do anuncio de licitación no Perfil do Contratante da Deputación. O custe deste contrato será de 65.836 euros.

 

Depoemprende 2017, cun orzamento total de 400.000 euros, é un proxecto para o fomento da cultura emprendedora en pequenos negocios e pemes e para a creación de ferramentas innovadoras para o autoemprego. A través deste programa, as persoas beneficiarias reciben formación, asesoramento e mentorización para a creación de proxectos empresariais, ademais de todo tipo de apoio para a busca de emprego.

 

A Depoemprende 2017 poderán sumarse un total de 120 persoas en situación de desemprego de toda a provincia, cuxo proceso de selección se está pechando estes días.Teñen prioridade aqueles colectivos con maior risco de exclusión laboral: mulleres, menores de 30 anos, maiores de 45, persoas con discapacidade e persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social.

 

Os obxectivos que persegue Depoemprende 2017 son fomentar o emprendemento como un dos factores clave nunha economía do coñecemento, promover a incorporación ao mercado laboral pola vía do emprendemento, desenvolver competencias emprendedoras que axuden ás persoas desempregadas, e por último, contribuír á viabilidade e sustentabilidade das novas empresas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados