Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 12 de julio de 2018
NIGRÁN

Nigrán Decide propón ao pleno unha baixada do IBI dun 5%

Guardar en Mis Noticias.

A baixada de ingresos do concello de Nigrán "compensaríase co aumento derivado da Regularización Catastral, polo que non se poñen en risco as finanzas do Concello"

NIGRÁN DECIDE presentou ao pleno unha moción "para baixar o Imposto de Bens Inmobles un 5 por cento. En concreto pide que o tipo de gravame para os bens inmobles urbanos pase do 0,5% actual ao 0,475%, medida que tería efectos no recibo do ano 2019".

 

NIGRÁN DECIDE considera que "o aumento dos ingresos do Concello de Nigrán, como consecuencia da aplicación da regularización catastral no Imposto de Bens Inmobles, pode ser compensado cunha rebaixa do tipo de gravame dese imposto, sen causar unha diminución dos ingresos do Concello".

 

Dende a formación polítioca sinalan que "o pasado 2 de xuño presentamos por rexistro esta proposta de modificación da ordenanza fiscal do Imposto de Bens Inmobles, aínda que non quixemos que se debatese no pleno dese mes por estar esperando a Información do aumento do valor catastral total dos bens inmobles urbanos como consecuencia da aplicación do procedemento de regularización catastral en Nigrán".

 

 

 

 

A filosofía de NIGRÁN DECIDE está clara, se todos pagamos polo que temos, pagamos menos, sinala Cuevas

 

 

 

 

"Recibida esta información polo grupo municipal de NIGRÁN DECIDE, reiteramos a nosa proposta, pois o aumento do valor catastral é de 39 millóns de euros, o que supón un aumento de, practicamente, un 5% sobre o total de Nigrán".

 

Aínda que a diminución do tipo do IBI e, polo tanto, dos ingresos do Concello, é lixeiramente maior que o aumento de ingresos pola regularización catastral, este feito "tampouco debe ter repercusións nas finanzas do Concello pois, polo incumprimento do compromiso do Alcalde de non cobrar aos afectados pola regularización catastral nun mesmo ano os catro recibos non prescritos, os ingresos no ano 2018 aumentaron case un 14 por cento con relación aos ingresos do ano 2016, último ano onde se aprobou unha conta xeral en Nigrán" sinalan.

 

"A filosofía de NIGRÁN DECIDE está clara, se todos pagamos polo que temos, pagamos menos", sinala Cuevas.

 

"Aínda que ao noso grupo gustaríanos que se fixese unha diminución da carga impositiva en función do poder adquisitivo dos contribuíntes, a lei non o permite, polo que nos temos que conformar con esta proposta, sinala José Cuevas, voceiro de NIGRÁN DECIDE, para continuar indicando que a filosofía de NIGRÁN DECIDE está clara, se todos pagamos polo que temos, pagamos menos" conclúe.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados