Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 11 de julio de 2018
O Porriño

A Xunta adxudicará unha vivenda en alugueiro a unha familia en risco de exclusión social

Guardar en Mis Noticias.

[Img #43001]

 

A Xunta de Galicia adxudicará unha vivenda no Concello do Porriño a unha familia, con menores, en risco de exclusión social unha vez que a Comisión Provincial de Vivenda aprobou a proposta de adxudicación.

 

A vivenda que se entregará unha vez asinado o contrato de alugueiro foi cedida ao Instituto Galego da Vivenda e Solo por SAREB para ser destinada a alugueiro social e atópase emprazada neste concello pontevedrés.

 

Desde o ano 2015 a Xunta realoxou a 190 familias en situación de extrema necesidade en vivendas propiedade da Administración autonómica ou cedidas por Abanca, Sareb, Banco Sabadell e CaixaBank. A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas polo Goberno galego.

 

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados