Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 11 de julio de 2018
TUI

Dez persoas perceptoras da RISGA comezaron a traballar no Concello grazas á achega da Xunta de 103 mil euros

Guardar en Mis Noticias.

Hai unha semana incorporáronse dúas bolseiras do Plan de Práctica Laboral da Deputación

[Img #43019]

 

Dez persoas comezaron esta semana a traballar no Concello de Tui coma peóns grazas á achega de 103.260,15 concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia ao Concello de Tui para a contratación persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da RISGA. O contrato terá unha duración de sete meses.


Por outra parte dende hai unha semana dúas bolseiras do Plan de Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra están a realizar a súa estadía laboral no Concello de Tui por un período inicial de 6 meses, prorrogables outros 8. Trátase dunha graduada en Xornalismo que realiza a súa formación na Radio Municipal e Gabinete de comunicación e outra persoa co Ciclo superior produción audiovisual e espectáculos formarase no Departamento de Cultura.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados