Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 11 de julio de 2018
PONTEAREAS

A Banda de Música de Xinzo mellorará as súas instalacións no Centro Cultural

Guardar en Mis Noticias.

O pasado sábado 7 de xullo de 2018, os veciños de Xinzo aprobaron por unanimidade na Asemblea da Comunidade de Montes, propietaria do Centro Cultural de Xinzo, o proxecto de mellora das instalación do Centro Cultural de Xinzo por un importe de 63.217,52€. Estas obras foron consensuadas entre todas as Asociacións de Xinzo, e estarán financiadas integramente polo Concello de Ponteareas.

 

A Banda de Música de Xinzo é a Asociación que máis se beneficiará destas obras, mellorándose substancialmente as súas instalacións; insonorizaranse as diferentes aulas de estudo da Escola de Música, mellorarase a acústica do local de ensaios, e solucionaranse os problemas ocasionados polas filtracións de auga. Ademais, ampliarase o actual esceario do Auditorio do propio Centro Cultural.

 

Estas obras permitirán que tanto a Fundación Musical de Xinzo como a Banda de Música de Xinzo e todas as súas seccións (Escola de Música, Banda Infantil, Banda de Veteranos e Coral Cantares de Xinzo) poidan seguir medrando cuns piares moito máis sólidos, fortalecendo así a Xinzo como parroquia, e a Ponteareas como Concello ligado á cultura musical. En palabras de Silvia F. Táboas, Tesoureira da Banda de Xinzo e Arquitecta; “O estado actual das instalacións do Centro Cultural de Xinzo que afectan á Banda de Música, está impedindo que poidamos manter e aumentar a nosa actividade nunhas condicións mínimas de calidade. Polo que esta obra garantirá a calidade docente e permitirá unha explotación das nosas instalacións ao 100%”.

 

Por último, tamén se inclúe no proxecto das obras de mellora do Centro Cultural de Xinzo, a reforma dos actuais baños da primeira planta por un importe de 6.801,58€, para adaptalos á actual normativa de accesibilidade.

 

O Presidente da Banda de Xinzo, Francisco Represas, indicou que o período de execución das obras previsto é de 3 meses, e espera que estas obras comecen no último trimestre deste ano 2018. Así mesmo, Francisco Represas, quere agradecer en nome da Banda de Música de Xinzo á Comunidade de Montes de Xinzo e ao Concello de Ponteareas as facilidades dadas para que se poida acometer esta obra tan necesaria para a mellora do propio edificio, así como tamén o agradecemento ó resto de Asociacións de Xinzo polo apoio recibido para pechar este proxecto de mellora co máximo consenso posible.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados