Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 11 de julio de 2018
TUI

Unha vintena de alumnos participan na III Aula Internacional de Saxofón

Guardar en Mis Noticias.

No concerto inaugural, a cargo dos profesores, realizarase a estrea absoluta de "Antecamara" de Carlos Acevedo e a estrea en España de tres pezas de Fujikura, Andrikopoulos e Cote

[Img #43032]Unha vintena de persoas participarán dende hoxe na III Aula Aberta de Saxofón organizada polo Conservatorio Profesional de Música de Tui, que se vai celebrar neste centro de estudos musicais até o venres.  Esta actividade está organizada polo Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Asociación Frai Rosendo Salvado co patrocinio do Concello de Tui.  Impártese na  especialidade de saxofón, e incorpora este ano análise e improvisación e jazz.


Máis aló da actividade formativa esta III Aula Internacional ofrece tamén dous concertos dirixidos ao público en xeral. O primeiro será o de inauguración mañá  mércores, 11 de xullo, ás 20.30h na igrexa de San Domingos.

Correrá a cargo dos profesores Rafael Yebra, Fernando Ramos, Xosé Miguélez, Jeffery Davis e Wilfried Wilde. No mesmo realizarase a estrea absoluta da obra "Antecamara" de Carlos Acevedo e a estrea en España de tres composicións “Sakana” de Dai Fujikura, “Apneia” de Dimitris Andrikopoulos e “Ulterior Motives” de Andrew Cote.


Mentres este venres, 13 de xullo, ás 20.30h, na sala de audicións do CMUS Profesional de Tui celebrarase o concerto de clausura a cargo os alumnos participantes nesta Aula Internacional de Saxofón.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados