Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Martes, 26 de febrero de 2013
comunicación

Xornal21 introduce os códigos QR na publicidade dos seus clientes

Guardar en Mis Noticias.
Noticia clasificada en: Anunciarse en Xornal21

[Img #6677]Os códigos QR orixináronse na industria da automoción  xaponesa, grazas á facilidade de lectura e á versatilidade da información que poden conter. O auxe dos termináis móbiles intelixentes converteunos nun vehículo ideal para a promoción de produtos e servizos.

 

Os códigos QR (en inglés QR Code) son un tipo de códigos de barras bidimensionais. A diferenza dun código de barras convencional, os datos están codificados dentro dun cadrado, permitindo almacenar gran cantidade de información alfanumérica, concretamente hai ata 160 caracteres dispoñibles por código.

 

Estes códigos popularizáronse para ofrecer información de xeito sinxelo en calquera soporte. A partir de agora, Xorna21 ofrecerá este servizo de xeito gratuíto aos seus clientes. Todos os clientes que o soliciten* contarán cun código QR ao pé do seu anuncio. Lendo estos datos cun teléfono móbil será posible gardar toda a información de contacto sobre o anunciante automaticamente no teléfono móbil. Ademais Xornal21 ofrece aos clientes a posibilidade de escoller o contido que desexen para incorporar o seu QR.

 

QR gratuitamente na túa publicidade

 

Así todos os anunciantes, que realicen a súa publicidade nos medios Xornal21 e xornal21.es, teñen agora a posibilidade de publicar o seu código QR de forma totalmente gratuíta. Así os anuncios de máis de dous módulos* poden incorporar este novo código que se adaptará ao deseño orixinal sen custo ningún para o anunciante.

 

Os anunciantes interesados nesta nova aplicación pode poñerse en contacto co noso Departamento Comercial no  correo publicidade@xornal21.es

 


*Únicamente dispoñible para anuncios contratados a partir de tres (3) módulos na versión impresa e de 300x100 px na versión dixital. Válido tanto para clientes coma para novos clientes.

 

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados