Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Días de este evento: Sábado, 30 de marzo de 2013 , Domingo, 31 de marzo de 2013 , Lunes, 1 de abril de 2013 , Martes, 2 de abril de 2013 , Miércoles, 3 de abril de 2013 , Jueves, 4 de abril de 2013 , Viernes, 5 de abril de 2013 , Sábado, 6 de abril de 2013 , Domingo, 7 de abril de 2013 , Lunes, 8 de abril de 2013
tui

Programación completa das Festas de San Telmo en Tui

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email

Do 30 de marzo ó 8 de abril

Adianto da programación completa das Festas de San Telmo en Tui que se celebran dende o día 30 de marzo ata o 8 de abril.

[Img #7156]


Sábado, 30 de marzo

Ás 15.30h. nos terreos das antigas instalacións de Cam-Fran celébrase a V Proba Automobilística San Telmo 2013. Organiza: Concello de Tui, Amigos da Xincana e Comisión de Festas.

Ás 17h. a charanga tudense Cantos Somos comeza a súa actuación polas principais rúas de Tui.

Ás 19h. no Teatro Municipal na Área Panorámica solemne acto de coroación das raíñas das festas de San Telmo 2013 e lectura do pregón a cargo do tudense Rosendo Bugarín González. Actuación da Banda de Gaitas de Pexegueiro. Entrada libre.

Ás 20h. inauguración da exposición colectiva “Imago Tude” na Sala de Exposicións Municipal.

Ás 21h. Acendido do alumeado das festas

 


Domingo, 31 de marzo

Ás 8.30h. tirada de bombas de palenque anunciando o comezo das festas

Ás  10h. saída dende a Casa Forestal no P.N. do Monte Aloia da 2ª Andaina Saudable da Eurocidade Tui-Valença  polo sendeiro do “Rego da Pedra”. Percorrido de 8 quilómetros de dificultade fácil. Tempo estimado 2 horas.  (Para aqueles que non coñezan o emprazamento da Casa Forestal quedarase ás 9.50h no Centro Interfederado de Tui)

Ás 15.30h. nos terreos das antigas instalacións de Cam-Fran celébrase a V Proba Automobilística San Telmo 2013. Organiza: Concello de Tui, Amigos da Xincana e Comisión de Festas.

Ás 17.15h. no Centro Sociocomunitario de Tui o grupo musical Tráfico amenizará unha tarde de baile.

Ás 18.00h. no Teatro Municipal de Tui celébrase o “Festival Folclórico San Telmo 2013” coa participación dos grupos folclóricos “San Fins” de Rebordáns, “Santa Columba” de Ribadelouro, “Seixos Albos” de Areas, “San Xoán” de Paramos, “Inquendanzas” de Pazos de Reis, “O Mosteiro” de Pexegueiro e “Xuntanza” de Randufe. Entrada libre. Acada grupo actuará 15 minutos.

Ás 20h. Na S.I. Catedral Santa Misa presidida por D.Fernando Cerezo García, reitor do Seminario Menor de Tui, e cantada pola Coral da S.I. Catedral.

Ás 20.30h Novena na S.I.Catedral

Ás 20.30h. a orquestra Pontevedra amenizará a primeira verbena das festas no Paseo da Corredoira.

 


Luns, 1 de abril

Ás 16.30h. no salón de actos da Aula UNED, no antigo convento de San Domingos, celébrase a VIII Semana de Cinema Infantil coa proxección de “Brave”

Ás 17.30h. as raíñas das festas e as súas damas visitarán as residencias San Telmo e Paz y Bien acompañadas dun grupo folclórico  

Ás 20h. Na S.I. Catedral Santa Misa presidida por D. Juan L. Martínez Diz, párroco de Alveos, e cantada pola Coral do Centro Sociocomunitario de Tui

Ás 20.15h. no Teatro Municipal de Tui comeza a  V Semana do Teatro Afeccionado organizada pola concellería de Cultura de Tui coa actuación de “Garabullada Teatro” da Asociación  “Xuntanza” de Randufe pondo en escena “Un día de espías”. Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes.

Ás 20.30h Novena a San Telmo na S.I.Catedral

 


Martes, 2 de abril

Ás 10h. inauguración da exposición Animalia de animais exóticos na Área Panorámica.

Ás 11h. visita guiada polo conxunto histórico de Tui. Saída dende a S.I. Catedral.

Ás 16.30h. no salón de actos da Aula UNED, no antigo convento de San Domingos, VIII Semana de Cinema Infantil coa proxección de “Madagascar”

Ás 20h. Na S.I. Catedral Santa Misa presidida por D. Javier Alonso Docampo, párroco da Franqueira, e cantada pola Coral de Entienza.

Ás 20.30h Novena na S.I.Catedral

Ás 21.15 h. no Teatro Municipal actuación do grupo de teatro “San Fins” da Asociación Cultural “San Fins de Rebordáns representando a obra “Ratibrom” no marco da V Semana do Teatro Afeccionado. Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes.

 


Mércores, 3 de abril

Ás 11h.30h. celébrase no Claustro da S.I. Catedral o tradicional Concurso de Debuxo Festas de San Telmo

Ás 16.30h.  no salón de actos da Aula UNED, no antigo convento de San Domingos, VIII Semana de Cinema Infantil coa proxección de “Tadeo Jones”

Ás 20h. Na S.I. Catedral Santa Misa presidida por D. Renato A. Freitas Poça, prior da congraría de San Telmo de Massarelos, e cantada pola Coral do Rosal.

Ás 20.30h Novena na S.I.Catedral.

Ás 21.15h. no Teatro Municipal o grupo de teatro “Atalaia” do Centro Sociocomunitario de Tui leva a escena a obra “O cianuro, só ou con leite” dentro da V Semana do Teatro Afeccionado. Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes.

 


Xoves, 4 de abril

Ás 16.30h. no salón de actos da Aula da UNED, no antigo convento de Santo Domingo, proxección da película Hotel Transilvania na IX Semana de Cinema Infantil.

Ás 20h. Na S.I. Catedral Santa Misa presidida por D. Eloy Perales Rodal, párroco de Padrones, e cantada pola Coral Mª Auxiliadora

Ás 20.30h Novena na S.I.Catedral

Ás 21.15h. no Teatro Municipal de Tui o grupo de teatro “Caldemiños” da Asociación Cultural “A Insua” de Caldelas presenta a obra “O Ciridonio”. Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes.

 


Venres, 5 de abril

Ás 16.30h. no salón de actos da Aula da UNED, no antigo convento de Santo Domingo, clausura da IX Semana de Cinema Infantil coa proxección de “Blancanieves mirror mirror”.

Ás 19h. no Paseo da Corredoira celébrase unha nova edición do Karaoke Infantil.

Ás 20h. na Sala de Audicións do Conservatorio Profesional de Música de concerto co gallo da sinatura do acordo de irmandade coa cidade alemá de Versmold

Ás 20h. Na S.I. Catedral Santa Misa presidida polo pai dominico Fr. Juan M. Equiza Lasarte, e cantada polo Coro Clásico de Vigo.

Ás 20.30h Novena na S.I.Catedral

Ás 21.15h. no Teatro Municipal de Tui o grupo “Aloia Teatro” da Asociación Cultural “Aloia” de Pazos de Reis leva a escena “A vinganza da Petra”. Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes.

Ás 22h. no Paseo da Corredoira Karaoke para adultos. Ao remate música con Kiko Carballo.

Ás 23:30 h. na Cafetería El Pilar celébrase o Campionato de Tute Festas de San Telmo.

 


Sábado, 6 de abril

Ás 9h. 21 bombas de palenque anunciarán o primeiro día grande das festas.

Ás 10.30h. a charanga tudense  Cantos Somos iniciará a súa actuación polas rúas de Tui.

Ás 11h. Xornada de Xogos Populares  Festas de San Telmo no Paseo da Corredoira. Xogos populares: canicas, comba, mariquitiña, goma, chapas. Organiza Concello de Tui, CRA Mestra Clara Torres e Comisión de Festas.

Ás 12h. partido de fútbol Tyde F.C. – Español Versmold F.C. no complexo deportivo municipal Álvarez Durán

Ás 17h. no Paseo da Corredoira terá lugar o “Torneo de Minitenis na rúa”  dirixido a público de todas as idades. Inscricións dende as 16.30h. Obsequios para os participantes. Organiza: Club Tenis Tui.

Ás 17h. no Claustro da S.I. Catedral celebrarse II Torneo de Xadrez Festas de San Telmo 2013. Categorías: benxamín, alevín, infantil, cadete e absoluto. Máis información en www.xadreztui.org. Organiza: Club Xadrez Tui e Comisión de Festas. Colabora: Concellería de Deportes do Concello de Tui.

Ás 18h. pasarrúas a cargo da charanga tudense Cantos Somos

Ás 18h. no salón de sesións da casa do concello sinatura oficial do acordo de irmandade entre o Concello de Tui e a localidade alemá de Versmold

Ás 20h. Na S.I. Catedral Santa Misa presidida polo pai dominico Fr. Juan M. Equiza Lasarte, e cantada pola Coral Polifónica da Guarda.

Ás 20.15h. no Teatro Municipal de Tui o grupo “Chirlomirlo Teatro” da Asociación “Xuntanza” de Randufe leva a escena a obra “O enfermo imaxinario”. Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes.

Ás 20.30h Novena na S.I.Catedral

Ás 22.30h. verbena amenizada polas orquestras La Oca e Fania Blanco Show

 


Domingo, 7 de abril

Ás 9h. 21 bombas de palenque anunciará o segundo día grande das festas

Ás 9h. inicio I Campionato de Pesca Popular Trofeo Eurocidade. Saída dende o Centro Interfederado. Organiza: Sociedade de Pesca Reo Miño.

Ás 10.30h. Celébrase a Carreira Popular de San Telmo organizada polo Club Atletismo Tui –Thermalia. A liña de saída e de meta estará no Paseo da Corredoira. Circuíto urbano. Categorías dende pitufos a absoluta. Máis información en www.atletismotui.es

Ás 11.00h. saída da Área Panorámica do Desfile Exaltación do Traxe Tradicional coa participación das raíñas e damas das festas, xunto a todo aquel que desexe lucir o traxe típico. Remate na S.I. Catedral. Organiza a Asociación Cultural e Xuvenil do Traxe Tradicional de Tui. Participarán os xigantes e cabezudos acompañados do grupo de pandereteiras “As d’Abadía” de Caldelas e do grupo folclórico “Refaixos e polainas” de Baldráns.

Ás 12.00h. Misa ofrenda a San Telmo presidida por D. Faustino Martínez Álvarez, párroco de San Juan de la Arena de Asturias.

Ás 13h. pasarrúas da Banda de Música Popular de Tui

Ás 19h. a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto no Paseo da Corredoira

Ás 20h. Na S.I. Catedral Santa Misa presidida polo pai dominico Fr. Juan M. Equiza Lasarte, e cantada polo Coro Sportivo de Ponteareas.

Ás 20.30h Novena na S.I.Catedral

Ás 20.30h inicio da verbena a cargo das orquestras Salsa Rosa e París de Noia

 


Luns, 8 de abril – Día de San Telmo (Festivo local)

De 8h. a 10h. Misas na Igrexa de San Telmo.

Ás 9h. 21 bombas de palenque anunciarán o comezo do día grande das festas.

Ás 10h. na rúa Calzada, no barrio de San Bartolomeu, celebración da “Feira dos Cabalos”.  

Ás 11h. Procesión das reliquias pola Coronilla. Santa Misa concelebrada na S.I. Catedral, presidida polo bispo da diocese de Tui-Vigo, Monseñor Luís Quinteiro Fiuza, e cantada pola Coral da S.I. Catedral.

Ás 11.30h. pasarrúas dos xigantes e cabezudos dende a Área Panorámica ata a o Paseo da Corredoira.

Ás 11.30h. actuación do grupo de gaitas “Lembranzas da Terra” de Guillarei no Paseo da Corredoira.

Ás 14h. repique das campás da S.I. Catedral acompañadas dunha gran tirada de bombas de palenque.

Ás 18h. entrada a Tui dende o Paseo da Corredoira da Banda de Guerra da Brilat-Galicia VIII.

Ás 18h. no Teatro Municipal, na Área Panorámica, concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.  Entrada 3€. Venda de localidades media hora antes do comezo do concerto no despacho de billetes.

Ás 18.30h. Homenaxe aos confrades falecidos durante o ano pola Banda de Brilat na igrexa de San Telmo.

Ás 20h. actuación da orquestra Televisión.

Ás 20h. Na S.I. Catedral Santa Misa presidida por M.I.S. Don Ricardo García Fernández, prior da Confraría de San Telmo.

Ás 20.30h Novena na S.I.Catedral

Ás 21h. inicio da solemne procesión de San Telmo dende a S.I. Catedral percorrendo as rúas de Tui. Ao rematar ofrenda floral a San Telmo na praza de San Fernando. A Coral da S.I. Catedral e a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín e a Banda de Música Popular de Tui interpretarán a Salve Marinera e o Himno a San Telmo.

Ás 23:30h. espectacular tirada de fogos de lucería.

Ao remate actuará de novo a orquestra Televisión pechando as Festas de San Telmo 2013.

 

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2014 • Todos los derechos reservados