Viernes, 07 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 16 de Junio de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Nova titulación de Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios en Vigo

Un grao con estudos de sempre que ofrece camiños novos

A Universidade de Vigo ofrece desde o pasado curso unha nova titulación que combina filoloxía hispánica, filoloxía galega, estudos lusófonos, estudos culturais e materias orientadas á comunicación. Un grao que abre un novo horizonte para moitos estudantes no plano laboral tanto a nivel de saídas profesionais como de territorios xeográficos onde exercer a actividade á que decidan dedicarse.

 

O Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios proporciona formación en linguas e saberes humanísticos desde unha perspectiva contemporánea e práctica conectada co mundo dixital e as demandas do mercado: traballar en comunicación, aprender a escribir, falar en público, xestionar redes sociais, dedicarse ao ensino, exercer de mediador en negociacións comerciais internacionais… Este grao naceu co obxectivo de ensinar aos alumnos a escribir o seu futuro e converterse nunha alternativa ideal para quen desexe traballar coa escrita, a cultura e a comunicación partindo dun coñecemento profundo das linguas, e sen o atranco de precisar notas altísimas no selectivo.

 

Trátase dun grao único no sistema universitario español, no que se combinan saberes cunha sólida tradición no ensino das linguas e literaturas con saberes moi innovadores como as materias de escrita creativa, tecnoloxías da fala, producción de textos dixitais, espectáculo teatral, feminismos ou pensamento contemporáneo… que so poden ser cursadas no Campus de Vigo. De feito, de entre todas as universidades galegas que ofertan estudos de Filoloxía, a UVigo é a que recibe máis matrículas, por riba da Universiade da Coruña e da USC, precisamente pola súa versatilidade e pragmatismo de cara a formar alumnos conectados coas necesidades reais do mercado laboral. Ademais, os estudos lusófonos abren unha porta adicional á empregabilidade alén das nosas fronteiras. Esta dimensión adquire especial relevancia no contexto de países emerxentes como o Brasil e outros países lusófonos. O grao tamén ofrece formación específica para ser profesor de español como lingua estranxeira en universidades de todo o mundo; e por suposto os estudos  de filoloxía galega dan acceso a unha ampla oferta de traballo para lectores en universidades de todo o mundo, sen esquecer que tanto os estudos de galego como os de español e portugués dan acceso ao ensino secundario con perto de 500 prazas que se van convocar entre 2018 e 2030.

 

Prazas Semipresenciais

Ademais das 50 prazas presenciais ofértanse 10 prazas semipresenciais despois de constatar que existe unha cantidade de estudantado potencial interesado en cursar estudos de grao que non se matricula ou que acaba abandonando por non poder cumprir a esixencia da presencialidade por razóns de traballo, familiares ou económicas. A semipresencialidade supón, ademais, unha aposta por introducir métodos innovadores nos procesos de ensino-aprendizaxe.

 

Profesorado especialmente formado

A atención do alumnado semipresencial implica un novo achegamento non só na preparación dos materiais e na planificación da docencia, senón en todo o que ten que ver coa atención do alumnado a distancia (titorización, dirección de traballos, supervisión de prácticas e exercicios…). Hai que garantir que este alumnado reciba a mesma atención e adquira as mesmas competencias que o alumnado presencial. O profesorado deste grao preparouse, en colaboración con UVigoTV, na grabación de MOOCs e recibiu cursos de formación para o aproveitamento dos variados recursos do servizo de teledocencia da Universidade de Vigo. Ademais, a Facultade de Filoloxía e Tradución do Campus de Vigo, onde se imparte este grao, conseguiu a Certificación da Implantación do Sistema de Garantía de Calidade que afecta a todos os títulos que se imparten e que non todos os centros conseguen.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.