Salceda de Caselas ven de organizar un curso de Manipulador de Alimentos, dentro do Plan de Formación 2012.
O curso terá lugar o próximo sábado, 31 de marzo no Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón.
A Tenente Alcalde, Marina Cabaleiro, responsable desta área, subliña que “este curso é a resposta á demanda de moitas e moitos veciños dos últimos meses”.
Dende a concellería de Emprego e Formación queren volver a resaltar que “toda a información en relación cos cursos está na páxina web do Concello, e preténdese que a páxina web sexa unha ferramenta fundamental para os demandantes de formación”.