Nigrán
Juan Antonio González reúnese con Encarnación Rivas para falar do Plan Xeral
A Xunta e o Concello de Nigrán analizan o estado de tramitación do documento urbanístico
A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, reuniuse co alcalde de Nigrán, Juan Antonio González Pérez, para analizar a situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) deste municipio, co fin de darlle o impulso definitivo e acadar a súa aprobación total.
Encarnación Rivas trasladoulle ao rexedor municipal que na actualidade a Xunta non ten pendente a emisión de ningún tipo de informe urbanístico, xa que o Informe previo á aprobación inicial (IPAI) emitiuse en abril de 2012.
Este informe técnico, que consiste nun análise pormenorizado da adecuación á Lei do Solo de Galicia, das propostas de ordenación formuladas polo concello cara so vindeiros 12 anos, é previo á Aprobación Inicial do PXOM polo Pleno. Este acordo municipal celebrouse o 14 de xuño do 2013, permanecendo a continuación o documento a exposición pública para a presentación de alegacións durante un prazo de 3 meses, entre xullo e outubro de 2013.
Independentemente dos axustes que o Concello considere oportunos introducir no documento do PXOM, en gran parte derivados, tanto das alegacións aceptadas, como das indicacións de preto dos 30 informes sectoriais (Costas, Estradas, Patrimonio, Augas de Galicia), Rivas informou ao alcalde que o documento encóntrase nunha fase moi avanzada da tramitación.
A Xunta reiterou o seu apoio e trasladou a súa total colaboración para que o Concello do Nigrán se sume aos municipios galegos que contan con plan xeral en vigor. Na actualidade, son 83 concellos os que teñen o plan xeral aprobado e adaptado á lei do solo.
Rivas Díaz tamén recordou que o Goberno galego, no marco da política de colaboración técnica e financeira cos concellos para a redacción de plans urbanísticos, dotou ao Concello do Grove de varias axudas que suman un importe de preto de 233.000 euros.
A Xunta continúa a traballar no impulso dos plans xerais nos concellos galegos co fin de dotalos dunha ferramenta urbanística para protexer e ordenar o territorio, fomentando así o desenvolvemento económico e social dos municipios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101