GALICIA
A Fundación Inade presenta a Bravo Bosch os seus proxectos para mellorar e profesionalizar o sector dos seguros
A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo o pasado martes unha reunión co director e co responsable de proxectos da organización, Adolfo Campos e Modesto González, respectivamente.
![[Img #19702]](upload/img/periodico/img_19702.jpg)
O director e o responsable de proxectos da Fundación INADE, Adolfo Campos e Modesto González, respectivamente, trasladáronse o pasado martes 4 ata a Delegación da Xunta en Vigo para manter un encontro coa delegada territorial, María José Bravo Bosch, co fin de presentarlle os seus novos proxectos e traballo encamiñados a mellorar e profesionalizar o sector dos seguros.
A representante da Administración autonómica na cidade agradeceu a reunión e gabou o traballo que leva a cabo a Fundación INADE, sobre todo, no eido da información e formación dos traballadores do mercado asegurador posto que o colectivo de persoas beneficiarias das actividades que realizan vai dende empresas a profesionais laborais pasando por comunidades universitarias, administracións públicas ou sociedade en xeral, entre outras. Bravo Bosch animounos así a continuar cos seus fins fundacionais e a contribuír, dende o seu ámbito de actuación, á melloría socioeconómica de Galicia.
A Fundación INADE -Instituto Atlántico do Seguro- é unha organización sen ánimo de lucro promovida pola entidade mercantil INADE e constituída no ano 2008. Ten coma obxecto, nos seus fins fundacionais, o fomento da economía social e desenrolo da economía produtiva da Comunidade Autónoma a través do coñecemento en materias da xerencia de riscos; mellora na xestión empresarial; desenrolo da sociedade da información e converxencia de Galicia con outros países e CCAA en materias de xerencia de riscos, financeiras e seguros.
Dende o ano 2009, por orden da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, está clasificada de interese para o fomento da economía de Galicia adscribíndoa así á Consellería de Facenda. Deste xeito, o departamento da Xunta de Galicia exerce plenamente o seu protectorado e a declara de interese galego ordeando a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208