Martes, 30 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 05 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

A Deputación pretende estender o modelo de mobilidade do Concello de Pontevedra ó resto da provincia

O vicepresidente provincial, César Mosquera, asegurou que "rematou a política de chapapote" en materia de Infraestruturas e que a maquinaria do parque só se utilizará para atender vías provinciais

[Img #19708]A Deputación pretende estender o 'modelo Pontevedra' ó resto dos concellos da provincia en canto a mobilidade. Así o indicou onte o deputado provincial responsable de Infraestruturas, Uxío Benítez, na presentación das liñas de actuación da súa área, na que estivo acompañado do vicepresidente provincial, Cesáreo Mosquera; do director de Infraestruturas, Manuel González Juanatey; e do asesor en materia de mobilidade, Jesús Fole.

 

Benítez indicou que a Deputación provincial quere ir un paso máis alá de "simplemente atender ben as estradas provinciais" e dar unha dimensión máis ampla no servizo ós concellos, cun cambio profundo na concepción do que son as vías, no tratamento que se lles vai dar e no funcionamento de toda a área de Infraestruturas e do parque de maquinaria.

 

Mosquera foi claro ó afirmar: "acabouse a política de chapapote de uso discrecional" e sinalou que a maquinaria e os fondos provinciais se destinarán unicamente ás estradas provinciais facendo convenios claros e transparentes cos concellos. De feito, o grupo nacionalista da Deputación está a concretar entrevistas cos municipios nas cabeceiras das comarcas para explicar a nova política de actuación. A vindeira semana haberá un encontro no Salnés.

 

Uxío Benítez tamén deixou claro que se abre unha etapa de "novos tempos políticos". Afirmou que nestas primeiras semanas xa visitou as instalacións provinciais da área de Infraestruturas para coñecer a situación do servizo e asegurou que tirou dúas conclusións: que o parque de maquinaria recibía ordes directas do anterior presidente (aínda que administrativamente dependía da área de Infraestruturas) e que o orzamento xa está esgotado a falta de cinco meses para rematar o ano. Só quedan uns 300.000 euros de nove millóns orzamentados e xa están comprometidos.

 

Por todo iso, Benítez salientou a importancia de democratizar o Servizo de Infraestruturas para que "non se faga un uso político e partidista" e de apostar pola mobilidade, a accesibilidade e a seguranza viaria. Lembrou que a sinistralidade é unha preocupación fundamental e que, desde a oposición, xa se levou adiante unha ordenanza de seguranza viaria.

 

Por outra banda, Benítez explicou que a transferencia das vías provinciais ós concellos será outro dos eixes a seguir. "Hai que ver os viarios que non teñen que estar nesta casa polo seu carácter municipal e urbano e verase tamén a posibilidade doutras transferencias á Xunta de Galiza", dixo.

 

Así mesmo, o deputado destacou a colaboración aberta para o financiamento conxunto cos concellos de obras en estradas provinciais seguindo a nova filosofía de actuación. Puntualizou que estas actuacións se incluirán no orzamento do ano que vén.

 

En canto ós compromisos adquiridos pola anterior presidencia da Deputación do Partido Popular cos alcaldes da provincia, César Mosquera indicou que "as promesas, ideas e acordos verbais que se fixeron en precampaña e campaña electoral darían para gastar sete orzamentos completos e dubido que chegaran". Así, confirmou que será "imposible" atender todos os requerimentos municipais e manifestou que se estudarán un por un "partindo de cero". "Hai que refacelo todo e ver que se pode facer", finalizou.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.