Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 06 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

O Porriño terá un 95% da rede de saneamento no ano 2019

Veñen de dar inicio das obras de mellora do saneamento en Torneiros

[Img #19723]

 

O concelleiro de Vías e Obras do Concello do Porriño, Manuel Carreira, visitou onte pola mañá as obras de mellora do saneamento de Torneiros, incluídas no proxecto de actuacións prioritarias financiadas pola Confederación Hidrográfica do Miño Sil. Nestas accións tamén colabora o Consorcio de Augas do Louro que se encarga de realizar simultáneamente as acometidas ás vivendas, para evitar que sexa necesario abrir novas gavias  posteriormente . “Estas obras son de gran importancia para o Concello, que ten previsto finalizar en 2019 o 95% da rede de saneamento en todas as parroquias do Porriño”, subliñou Manuel Carrera. 
 

En Torneiros colocaranse aproximadamente 2,2 quilómetros de tubería de PVC e renovarase parte da rede de saneamento existente para conseguir un sistema que funcione por gravidade sen o emprego de bombeos. Tamén se repoñerán parte das redes de fecais e pluviais existentes. 

 

En Torneiros colocaranse aproximadamente 2,2 quilómetros de tubería de PVC
 

O proxecto de actuacións prioritarias de saneamento no Porriño pretende solucionar os problemas xerados  pola existencia de numerosos colectores distribuídos  por gran parte do municipio que non están conectados en ningún punto co sistema do río Louro. Trátase de redes “cegas”, sen saída, que se realizaron en previsión de futuras conexións que finalmente non se levaron a cabo.

 
As actuacións previstas comprenden a construción de seis colectores en zonas rurais do concello do Porriño: Budiño, Cans, Carracido, Chenlo, Mosende-Pontellas e Torneiros. O seu obxectivo é recoller as augas  residuais de redes existentes, que actualmente atópanse fóra de servizo, para conducilas  ata os colectores do Louro que as canalizarán ata a Estación Depuradora de Augas Residuais, EDAR, de Guillarei. O orzamento das obras é de 2,8 millóns de euros. Estarán rematadas  a finais deste ano. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.123

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.