Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 13 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

O Concello de Tui presenta unha nova aplicación destinada á ‘colaboración cidadá’

Os cidadáns poderán enviar, a calquera hora do día e durante os 365 días do ano, as súas queixas ou peticións ó Concello de Tui

O Concello de Tui presentou a semana pasada, unha aplicación e unha páxina web destinadas á colaboración cidadá. A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de novas tecnoloxías e comunicación, Laureano Alonso. 

 

[Img #19758]A función deste servizo é procurar ampliar o marco de relacións entre a administración municipal e a cidadanía, co obxectivo de facilitar o acceso á información e resolver as súas dúbidas. Ademais, o cidadán poderá obter información actualizada e precisa, evitando desprazamentos innecesarios mediante a utilización da aplicación ou da páxina en Internet.

 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, deu conta que estas dúas ferramentas requirirán a atención máxima dos concelleiros e tamén do alcalde, xa que terán a responsabilidade de responder coa maior dilación posible as peticións da cidadanía.

 

Pola súa banda, o concelleiro de novas tecnoloxías, Laureano Alonso, deu conta que o funcionamento da APP é moi sinxelo, xa que a través duns ítems poderase ver se está resolto o problema ou dúbida, e isto tamén servirá para avaliar a calidade do servizo. Ademais, xunto coa queixa ou suxestión, o cidadán poderá enviar unha foto, xunto coas coordenadas en gps.

 

[Img #19757]Tanto Enrique Cabaleiro como Laureano Alonso quixeron resaltar a importancia desta medida, xa que os cidadáns disporán a partires de hoxe dunha fiestra directa de comunicación co Concello.

 

A aplicación pode descargarse totalmente de balde no Play Store, e proximamente estará dispoñible para o sistema IOS buscando “Colaboración Ciudadana Tui”. Para comezar a usar a ferramenta, os usuarios terán que darse de alta achegando o seu nome, número de teléfono, dirección de correo electrónico e contrasinal. Unha vez remitida a incidencia, os usuarios recibirán as oportunas actualizacións do estado da súa petición, e no seu teléfono móbil quedarán rexistradas as súas contribucións.

 

Pola súa banda, a páxina www.colaboracioncidada.concellotui.org tamén permitirá a través da web enviar dúbidas e suxestións. Con estas dúas ferramentas, os cidadáns poderán dar conta das súas peticións durante as 24 horas do día e os 365 días do ano de forma directa coa administración.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.