Martes, 07 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 08 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Hoxe inaugúrase o Festival Groba

Celebrarase entre os días 8 e 14 de agosto en Ponteareas

[Img #19759]Hoxe, sábado, día 8, terá lugar no Auditorio Municipal de Ponteareas a partires das 21:00 horas, o concerto inaugural do III Festival Groba, no que participará a Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba Otero. Nesta xornada inaugural interpretarase o “Concerto Arcaico en Re” para dous violíns, de Groba, no que actuarán como solistas o propio director da orquestra e Javier Díaz. Esta obra compartirá espazo con composicións de Vivaldi e Britten.

 

O luns terá lugar a “Gala do violín”, na que participarán tres dos membros do xurado do I Concurso Internacional de Violín para Xoves Intérpretes: Elena Urioste, Jesús Reina e Clara Jumi Kang.

 

A xornada do domingo estará adicada á música coral e protagonizada polo Coro Xuvenil Cantemos e o Obradoiro Vocal A Vila. O luns terá lugar a “Gala do violín”, na que participarán tres dos membros do xurado do I Concurso Internacional de Violín para Xoves Intérpretes: Elena Urioste, Jesús Reina e Clara Jumi Kang.

 

O concurso de violín, que se iniciará o martes, será unha das novidades da presente edición do festival, que se alongará ata o vindeiro venres, día 14, e que reunirá en Ponteareas a algunhas das figuras máis salientables do panorama actual da música clásica.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.