Tui
A Oficina de Turismo de Tui inaugura unha exposición de pinturas de Emi Torrón
Dende o luns 10 de agosto o Concello de Tui, xunto coa Oficina de Turismo, abre ao público unha exposición de pinturas da artista viguesa Emi Torrón. A súa colección poderase ver totalmente de balde.
A exposición poderase ver nas dependencias da Oficina de Turismo, situada na Praza de San Fernando, ata comezos de setembro. Emi Torrón leva 20 anos pintando e expondo as súas obras. Segundo a artista: “A pintura e maxia, colles un lenzo en branco y empézaslle a dar vida, cando pinto esquézome do mundo, emocióname cando fago exposicións ver a cara das persoas cando miran os meus cadros”.
Da súa colección de pezas son características as pinturas de mazás de cores das que di a artista que teñen unha forma e un brillo especial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191