Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 13 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Tameiga consolida a súa tradición de alfombras florais

Un grupo de veciños desta parroquia mosense deseña e confecciona, dende fai xa oito anos, catro creacións anuais

[Img #19772]Un grupo de oito veciños da parroquia mosense de Tameiga xa está a traballar na idea para a confección das alfombras florais con motivo da festividade relixiosa do Corpus Christi do 2016, unha tradición que iniciaron fai xa 8 anos e que desenvolven no contorno da Igrexa de Tameiga, onde realizan as súas creacións.

 

Para a elaboración das alfombras empregan pétalos de flores de todo tipo, serrín, café e para o verde: buxo, follas de setos e incluso herba. Gran parte deste material recólleno no monte.

 

 

Piden colaboración desinteresada mediante a doazón de material para poder confeccionar as alfombras

 

 

Cada ano deseñan e confeccionan un total de 4 alfombras. A central e máis grande ten unhas dimensións de 10 metros por 13 metros aproximadamente. A elaboración das 4 alfombras lévalles un total de 8 horas, dende as 21.00 horas ata as 05.00 horas da madrugada do día seguinte.

 

O grupo de veciños responsables destas verdadeiras obras de arte floral agradecen ó resto de habitantes da zona a súa colaboración desinteresada mediante a doazón de material para poder confeccionar as alfombras.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.