Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 11 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Salvaterra de Miño

O concerto ‘San Lorenzo’ congrega en Salvaterra a un gran número de espectadores

[Img #19829]O público respondeua chamada do primeiro concerto organizado conxuntamente polas diferentes corais do Municipio, Banda de Música e Concello de Salvaterra de Miño con motivo da Festividade de San Lorenzo.

 

O concerto estivo cargado de moita ilusión e focalizado en dúas partes, a primeira onde cada coral cantou por separado, empezou a Coral Cantemos dirixida por Esperanza Mara Filgueira, a continuación cantaron xuntas Lacedurium e Adaxe, dirixidas por Isidro Betancur, e pechou a Coral Fogar de Breogán dirixida por David González. Unha vez rematado este primeiro pase uniuse a Banda e as catro corais xuntas cantaron tres cancións que fixeron a ledicia de toda a xente que nos acompañou nesta noite de música.

 

Esta actividade se enmarca dentro da programación do Verán Cultural, que empezou o pasado 1 de agosto e que ao longo destas semanas terá diversas actividades e festas enfocadas a todos os públicos.

 

Así o próximo mércores 12 preséntase o espectáculo de Chrystyan Magic Alén da Maxia e o xoves 13 dunha Master Class e exhibición de Zumba.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.