Ponteareas
Hoxe coñecerase ao gañador do I Concurso Internacional de Violín
Mañá, venres, terá lugar o concerto de clausura do III Festival Groba
Esta tarde remata o I Concurso Internacional de Violín que se desenvolve dentro do programa do III Festival Groba, no que participaron 18 candidatos de distintas nacionalidades. Os cinco participantes seleccionados para a fase final foron Elea Nick (Suíza, 16 anos); Reina Shibutani (Xapón, 22 anos); Cristian Grajner (Reino Unido, 21 anos); Mitsuhiro Shimada (Xapón, 16 anos); e Julen Zelaia (España, 20 anos). Os finalistas actuarán esta noite coa Orquestra de Cámara Galega no horario habitual do Festival (21:00 horas). Os gañadores daranse a coñecer ao remate do concerto.
Mañá, venres, terá lugar o concerto de Clausura do Festival. A primeira parte do programa está reservada para os alumnos participantes nas clases maxistrais que se desenvolveron ao longo da semana. A segunda parte estará cuberta pola Orquestra de Cámara Galega que interpretará obras de Vivaldi e Holst, e que estreará unha das últimas composicións do Mestre Groba, "O xílgaro e o picapau", un concerto para frauta, xilófono e corda no que actuarán como solistas André Cebrián e Xoel González.
A organización quere facer unha valoración moi positiva do desenvolvemento do Festival ata o de agora, así como do concurso. A alta calidade demostrada polos concursantes e polo resto de participantes no festival quedou patente ao longo de toda esta semana, acadando unha audiencia moi importante en cada unha das actuacións. A satisfacción do público tamén se fixo notoria á saída de cada concerto, recibindo numerosas felicitacións polo desenvolvemento da actividade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101