Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 16 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Os socialistas lamenta que “o Goberno Local non atope escusa para xustificar a súa opaca xestión económica”

[Img #19868]

 

O PSdeG-PSOE de Salceda lamenta “enormemente que o Goberno Local non atope mellor escusa, para xustificar a súa opaca xestión económica, que cargar contra os socialistas polo simple feito de solicitar máis información”.

 

O Partido Socialista quere aclarar que “en ningún caso se votou en contra de pagar ós provedores, como se quere facer crer” engaden que “os provedores deben cobrar polo traballo realizado, pero este grupo non vai entrar a valorar ningunha proposta que non teña o 100% da documentación”. Esta é a razón pola que se votou a favor de pospoñer este punto ata que se inclúa no expediente toda a información necesaria para poder tomar unha decisión responsable.

 

A portavoz Verónica Tourón anuncia que "en ningún caso imos votar a favor de propostas que incorran na ilegalidade”. Nesta posición preténdese fomentar que se leve a cabo con rigor e transparencia a xestión municipal, como todos os veciños e veciñas de Salceda merecen.

 

“Das palabras do Sr. Alcalde despréndese que a escusa para todo, durante os próximos catro anos, será que o PSOE se alía co PP para entorpecer a labor do goberno. Nada máis lonxe da realidade. Os socialistas lémbranlle unha vez máis ó goberno que o PSOE traballa para os veciños e veciñas de Salceda seguindo os seus propios criterios, sen precisar de alianzas e moito menos con un partido que está nas antípodas da nosa ideoloxía”.

 

Verónica Tourón puntualiza que “non teremos ningún reparo en ir a favor de todas aquelas iniciativas que sexan positivas para Salceda e en ningún caso o noso obxectivo será entorpecer a xestión do goberno”. “O Sr. Alcalde coas súas declaracións de alianzas PSOE-PP só está lanzando unha cortina de fumo que esconde a súa incapacidade para alcanzar maiorías”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.