Miércoles, 14 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 18 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
A Guarda

Comezan as obras para a clausura dun vertedoiro de residuos da construción no concello da Guarda

[Img #19910]Medio Ambiente vén de iniciar hoxe as obras de adecuación e clausura dun vertedoiro de residuos da construción e demolición no concello da Guarda, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007 -2013.

 

O prazo proxectado para a execución das obras é de dous meses e supón un investimento de arredor de 120.000 euros do Goberno galego para levar a cabo esta mellora ambiental.

 

O vertedoiro de residuos de construción e demolición de A Guarda foi proxectado pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia no ano 2002, dentro do Plan para construción de vertedoiros para residuos da construción, co fin de que este tipo de residuos recibise o tratamento adecuado desde o punto de vista ambiental, finalizando as obras en novembro de 2003.

 

As instalacións, cun vaso de vertido con capacidade útil de 40.662 m3, foi construído aproveitando o oco deixado por unha antiga canteira de rocas de construción e áridos situada en dúas parcelas arrendadas ao Concello pola Comunidade Veciñal de Montes en Man Común da Guarda, cunha superficie conxunta aproximada de 6.989 m2, accesibles dende a estrada comarcal 550 (A Guarda-Baiona). A instalación rematada foi entregada o 20 de xaneiro de 2004 ao Concello da Guarda, que asumiu a súa xestión chegando a depositar un volume estimado de 36.125 m3 destes residuos inertes, comunmente compostos por restos de sucidade, pedras, formigón, ladrillos, escaiola, grava, etc.

 

O vertedoiro ficou inactivo dende abril de 2012, motivo polo que xurdiu a necesidade de executar as obras de clausura en condicións de seguridade ambiental conforme á normativa aplicable.

 

As obras de clausura do vertedoiro proxectadas e licitadas por conta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, teñen por finalidade acadar a adecuación, clausura e integración paisaxística do antigo vertedoiro co obxectivo prioritario de evitar o seu impacto ambiental e paisaxístico así como a súa eventual utilización para a eliminación incontrolada doutros residuos, cos riscos ambientais e de saúde pública asociados.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.