Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 23 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O torneo popular de tenis “Concello de Ponteareas” chega a súa sétima edición

A competición celebrarase nas pistas da Freixa e Reiro entre os días 5 e 20 de setembro

O prazo para inscribirse no sétimo torneo popular de tenis “Concello de Ponteareas”,  estará aberto até o vindeiro sábado, 5 de setembro, ás 22:00 horas. Até ese día todas aquelas persoas interesadas poden informarse a través do enderezo electrónico clubtenisponteareas@hotmail.com e do número de teléfono 607 161 182.


O prezo de inscrición é de 7 euros na modalidade individual e de 10 euros para cada parella de dobres. O campionato contará con catro categorías: sénior masculino, sénior feminino, júnior masculino e dobres mixto. Ademais, a organización ten prevista un cadro final e un cadro de consolidación para cada unha destas categorías, de xeito que aqueles xogadores ou xogadoras que perdan o primeiro partido poidan seguir competindo no torneo e disputando algúns encontros máis. A composición dos cadros poderase consultar na web www.clubtenisponteareas.blogspot.com a partir do 3 de setembro ás 22:00 horas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.