Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 24 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Ponteareas reabre a Aula CeMIT

A sala estará aberta durante catro horas diarias até o 28 de decembro

[Img #19937]

O Concello de Ponteareas vén de abrir, despois de máis dun mes, a Aula CeMIT (Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica), situada na rúa Oriente nº12. A sala estará aberta durante catro horas diarias até o 28 de decembro, contando co apoio permanente dun monitor por parte dos alumnos. Durante os meses de agosto e setembro, o horario será de 09:30 horas a 13:30 horas, mentres nos meses de outubro, novembro e decembro de 16:00 a 20:00.

 

A concellería de Novas Tecnoloxías que dirixe Benito Márquez volve poñer en marcha un servizo que estivo máis dun mes sen funcionar pola falta de programación do anterior goberno municipal.

 

Este servizo ofrécese grazas á concesión dunha subvención por parte da Axencia para a Modernización Tecnolóxica, dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. A contía total desta subvención é de 15.000 euros, dos cales 7.865 euros xa foran gastados polo anterior executivo local e permitiron ofrecer un servizo durante os meses de abril, maio de xuño.

 

Unha vez rematado o mes de xuño, non figuraba ningunha programación por parte do anterior goberno local para seguir prestando este servizo, polo que este novo executivo viuse na obriga de iniciar de novo a tramitación pertinente para seguir aproveitando unha subvención que permite que moitos veciños e veciñas da vila poidan iniciarse no eido dixital. O gasto de máis da metade do diñeiro dispoñible grazas á concesión desta subvención en só tres meses, a poucas semanas das eleccións municipais, podía supoñer unha mingua na prestación deste servizo.

 

Por todo isto, dita tramitación veu acompañada dunha optimización de recursos, de xeito que con menos cartos, 7.135 euros, a aula permanecerá aberta durante máis de catro meses e permitirá, grazas ao apoio dun monitor profesional, impartir cinco accións formativas: iniciación á informática e Internet, traballos con procesadores de textos, follas de cálculo, realización de presentacións con impress e procura de emprego a través da Internet.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.