Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 19 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Oia

Os membros do GES da Guarda rescataron a unha moza que caeu nas pozas de Loureza, en Oia

As lesións provocadas pola caída, que lle impedían camiñar, e o lugar de acceso difícil para os servizos de emerxencias obrigou intervir ó equipo de rescate

Un equipo do GES da Guarda trasladouse esta tarde ás pozas de Loureza, en Oia, para rescatar a unha moza que sufriu unha caída e se feriu nunha perna. As lesións provocadas pola caída, que lle impedían camiñar, e o lugar de acceso difícil para os servizos de emerxencias obrigou intervir ó equipo de rescate.

 

Os efectivos do GES da Guarda se serviron dunha padiola de palas para poder trasladar á ferida dende as pozas ata o vehículo de emerxencias e, dende alí, ó lugar no que agardaba unha ambulancia de Urxencias Médicas. Finalmente, a rapaza foi evacuada ó Hospital do Meixoeiro, en Vigo. A ferida andaba polas pozas en compañía doutra persoa, que contactou co CAE 112 Galicia ás 14:30 horas de hoxe. Tras a súa chamada, os xestores do 112 Galicia puxeron en marcha un operativo no que, ademais do GES da Guarda, participou a Garda Civil e Urxencias Médicas.     

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.