Provincia
Os técnicos da Finca Mouriscade estrearán o edificio do novo laboratorio no mes de setembro
A deputada Eva Vilaverde defendeu "a vocación de servizo do centro de análises provincial ó sector lácteo, que vive unha das súas peores crises"
Os técnicos da Finca Mouriscade, organismo dependente da Deputación provincial, estrearán o edificio do novo laboratorio o vindeiro mes de setembro. Así o confirmou onte a deputada responsable do complexo, Eva Vilaverde, na súa primeira visita formal ás instalacións, onde foi recibida pola xefa do servizo, María Hermida.
A maior parte do novo equipamento xa está instalado no inmoble, e o traslado do mobiliario e da maquinaria existente estase a facer de xeito gradual. Hai partes da nova instalación que xa se están a utilizar, coma algunhas cámaras de frío para almacenar mostras. O obxectivo é que o cambio non afecte á operatividade do servizo de análises e que a actividade do laboratorio só estea parada 3 ou 4 días, os mínimos posibles.
Nestes momentos estanse a solucionar os últimos trámites de tipo administrativo para que o inmoble teña licenza de actividade. Só quedan por presentar uns documentos no Rexistro da Propiedade e no Concello de Lalín para que estean cumpridas todas as esixencias legais e acadar a autorización definitiva. Estes últimos movementos burocráticos estarán resoltos nas vindeiras semanas.
O novo laboratorio de Mouriscade conta cunha superficie de 1.690 metros cadrados. Foi construído pola UTE entre Famiñán e Taboada e Ramos cun orzamento de adxudicación de 2.065.000 euros, financiados ó 50 % entre a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia. O investimento en equipamento foi só de 200.000 euros, xa que parte do mobiliario está a ser aproveitado das vellas instalacións, onde se fan as análises desde o 1 de agosto de 1990.
O equipo da Finca Mouriscade está formado por 34 traballadores (entre funcionarios, interinos e contratados) mais 7 bolseiros. O seu traballo consiste en facer analíticas de produtos de alimentación animal, coma forraxes, pensos e materias primas, así como traballos para a mellora gandeira que permiten optimizar a alimentación desde os puntos de vista da seguridade agroalimentaria e da economía.
No que vai de ano os laboratorios estudaron máis de 35.000 mostras procedentes de diferentes tipos de empresas relacionadas coa gandería e o sector lácteo, sendo boa parte de orixe galega, pero tamén do resto do estado e doutros países (Portugal, Alemaña ou Austria). O ano pasado foron 64.000. A xefa de servizo de Mouriscade, María Hermida, sinalou que o centro "é un laboratorio sen ánimo de lucro de servizo rápido, fiable e confidencial" e insistiu en que se ten demostrado que o sector "cre en nós", como o indica o volume de mostras coas que traballa.
Mouriscade conta cunha acreditación da ENAC desde o ano 2005 (que garante a competencia técnica do organismo e o seguimento de normas de carácter internacional) á hora de analizar determinados parámetros. A posta en marcha das novas instalacións permitirá ampliar esa acreditación a outros moitos parámetros que os clientes solicitan de forma sistemática.
Traballo acompasado co sector lácteo
Pola súa banda, a deputada responsable da Finca Mouriscade no novo goberno provincial, Eva Vilaverde, destacou a "necesidade imperiosa" do traslado do laboratorio ás novas instalacións pola comodidade do persoal e polas melloras técnicas que suporá para prestar o servizo (e incluso amplialo) segundo as necesidades que vaia formulando o sector gandeiro e do leite.
Vilaverde explicou que o traballo que se fai en Mouriscade "non é unha competencia propia dunha Deputación", se ben puntualizou que, mentres a institución provincial sexa a encargada da súa xestión, "traballarase de xeito acompasado e segundo as necesidades dun sector estratéxico produtivo que debe ser pioneiro e que é unha mágoa que dende outros gobernos non se defenda con forza", en referencia á crise que está a vivir o sector lácteo polo prezo do leite en orixe.
Neste sentido a deputada provincial insistiu en que a Xunta de Galicia "é a que debería atender e prestar máis atención" ós problemas do sector, que "sempre topou as portas pechadas" no Estado e na Administración autonómica cando precisaba de respaldo.
Granxa de perdices
Sobre a granxa de perdices situada na Finca Mouriscade, a Deputación estudará cal será o seu futuro. As instalacións estiveron en mans da Xunta de Galicia cunha concesión de 25 anos, que finalizou en 2003, para instalar unha granxa cinexética que, a día de hoxe, está pechada por inactividade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22