Salvaterra de Miño
Novos cursos de Operador de carretilla elevadora e Caixeiro – repoñedor en Salvaterra
![[Img #19955]](upload/img/periodico/img_19955.jpg)
O Concello de Salvaterra de Miño comunica o inicio dos próximos cursos formativos da Cámara de Comercio e o Concello de Salvaterra de Miño do segundo semestre de 2015
Operador de carretilla elevadora
Este curso ten como obxecto a formación dos traballadores atendendo as exixencias legais da Lei de Prevención de Riscos Laborais, informando e formando aos operarios de carretillas elevadoras no coñecemento dos diferentes tipos de equipos existentes e dos seus compoñentes principais, prestando especial atención aos compoñentes de seguridade, sensibilizando aos participantes dos riscos inherentes ao manexo da maquinaria en xeral, e en particular das carreteillas elevadoras. Ademais de realizar unha aproximación práctica ao manexo seguro das carretillas elevadoras, poñendo en práctica as técnicas seguras expostas na parte teórica, detectando e corrixindo os riscos principais do seu manexo. Comezará o próximo 24 de agosto ás 9.00h, no salón de actos da Casa de Cultura de Salvaterra.
Caixeiro – eponedor de supermercado
A actividade formativa ten como obxectivos dotar aos asistentes dos coñecementos necesarios para desenvolver as funcións de reposición de mercancía de forma adecuada e cobro en caixa mediante diversos sistemas de forma eficaz e cun trato adecuado ao cliente. Dentro do contido do propio curso tratarase diversos temas como: Sector da distribución comercial, liña de caixas, os artigos, a variedade comercial, categoría de produtos e a norma 20/80, o merchandising, a reposición, tipos de compra, a implantación dos produtos no establecemento, atención ao cliente, inventarios e o seu control e a seguridade e hixiene no punto de venta e no almacén. Este curso comeza o martes 25 no Salón de actos da Casa de de Cultura de Salvaterra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155