Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 23 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Recuperados os seis muíños da parroquia de Pereiras

A rehabilitación dos Muíños da Furna e da Budiela remataranse en breve

[Img #19963]A concelleira de Medio Ambiente de Mos, Julia Loureiro, e o edil mosense de Limpeza, Parques e Xardíns e Revalorización de Espazos Públicos, Cándido Pérez, visitaron esta mañá os traballos de mellora dos Muíños da Budiela, na parroquia de Pereiras.

 

Estanse a levar a cabo por parte de operarios municipais arranxos nun total de  6 muíños na parroquia de Perereiras: 3 son os Muíños da Furna, cuxos labores de rehabilitación xa están rematados, e os outros 3 son os Muíños da Budiela, nos que están a traballar agora no primeiro deles. Nos 6 muíños obxecto de mellora as actuacións contemplan limpeza e reparación da estructura en pedra das edificacións e reposición das respectivas cubertas; así coma limpeza e desbroce do contorno das construccións.

 

Segundo informaron os representantes municipais, entre finais deste mes e principios do vindeiro mes de setembro estímase que queden finalizados os traballos de restauración dos 2 Muíños da Budiela nos que falta por acometer obra.

 

Os muíños representan en Mos unha parte moi importante do patrimonio etnográfico, cultural e arquitectónico local, de ahí a importancia de mantelos nun estado óptimo que garantice a súa supervivencia e a posibilidade de que tanto os veciños como os visitantes doutras localidades poidan continuar a disfrutar deles no futuro.

 

Estas obras forman parte dun plan de mantemento de espazos públicos tales coma zonas verdes, fontes, sendeiros e muíños que comezou a desenvolver a administración local mosense a pasada primavera, en concreto o proxecto iniciouse e promoveuse dende o departamento municipal de Medio Ambiente.

 

Respecto destes labores de mantemento de espazos públicos a edil Julia Loureiro declarou que “dende primavera unha brigada de varios traballadores ven adicándose a optimizar as áreas verdes e de lecer desenvolvendo numerosos traballos de mantemento e mellora entre os que se atoparon os realizados no Sendeiro dos Muíños da Salgueira, tamén en Pereiras, adecentando a propia senda peonil e reparando os muíños; os levados a cabo no Sendeiro Ecolóxico do Río Louro e no Camiño de Santiago ó seu paso por Mos (sobre todo de limpeza); e os executados nas zonas naturais e áreas de lecer como fontes, parques, merendeiros, etc, e que están a ter continuidade nestes 6 Muíños da Furna e da Budiela que están a ser recuperados agora”, dixo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.