Miércoles, 19 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 21 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

As barreiras do paso a nivel do Porriño volven fallar

A Alcaldesa, Eva García, púsoxe en contacto con responsables da Axencia Estatal de Infraestructuras Ferroviarias para “esixir que de forma inmediata ADIF tome as medidas necesarias para garantir a seguridade das persoas”, tras un novo fallo das barreiras do paso a nivel. A alcaldesa solicita unha reunión coa ministra de Fomento “co fin de solucionar definitivamente o problema que sofren históricamente os veciños como consecuencia do paso do tren polo centro do Porriño”.

[Img #19968]A pasada noite dúas das catro barreiras do paso a nivel permaneceron levantadas ao paso dun tren. Nesta ocasión o fallo foi constatado por un membro da Policia Local, e minutos despois a central de ADIF comunicou ao Concello que se detectara un fallo nas barreiras e enviaban ao lugar a operarios para comprobar o seu funcionamento.

 

“Non  imos permitir que se repitan este tipo de incidentes que poñen en perigo a seguridade das persoas”, asegurou Eva García de la Torre. A alcaldesa subliñou que unha das prioridades do seu goberno é “resolver definitivamente este problema”, e con este obxectivo solicitou unha reunión coa ministra de Fomento, Ana Pastor.

 

A rexidora falou esta mesma mañá con responsables da Axencia Estatal de Infraestructuras Ferroviarias para “esixir que se depuren responsabilidades e que de forma inmediata ADIF tome as medidas necesarias para garantir a seguridade das persoas”.

 

A Axencia confirmou a alcaldesa que ten constancia de 5 incidencias nun ano, “un número que lles parece excesivo  e de feito mostránse preocupados non só pola seguridade, senón tamén porque a falta de fiabilidade no sistema fai que non sexa respectado polos viandantes. É dicir, tampouco cumpren a súa función disuasoria. A Axencia abrirá un expediente a ADIF e informará das medidas que adoptará para que non se repitan os fallos”, explica Eva García.

 

“Non imos permitir, baixo ningún concepto, que os veciños do Porriño sigan sufrindo as consecuencias do paso do tren polo centro urbano, cun sistema de seguridade que non só no é o máis axeitado  senón que ademais está fallando de forma reiterada”, afirma a alcaldesa. Eva García denuncia que “precisamente as obras de mellora realizadas por ADIF  no paso a nivel foron para aumentar a velocidade dos trens, máis que para garantir a seguridade das persoas”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.