As verduras e hortalizas: fritas en aceite de oliva virxe extra, mellor que ao natural, ao vapor ou á prancha
Investigadores da Universidade de Granada demostraron que as verduras e hortalizas fritas en aceite de oliva teñen propiedades moito máis saudables que cando as consumimos tras calquera outro procedemento de elaboración.
A clave está no aceite de oliva virxe extra. En concreto, “a fritura nesta graxa vexetal produciría un aumento da fracción fenólica e, polo tanto, dos efectos beneficiosos deses antioxidantes para a saúde, potente aliado fronte a enfermidades como o cancro, a diabete ou a dexeneración celular” aseguran.
O obxectivo deste estudo era coñecer que efecto tiñan os distintos procedementos de cocción sobre as propiedades antioxidantes das hortalizas e verduras, tan propias da dieta mediterránea.
Deste xeito, e tras someter hortalizas frescas como a cabaza, o tomate, a berenxena e as patacas a distintos procedementos de cocción (fervidos en auga, fervidos nunha mestura de auga e aceite, salteados en aceite e fritos en abundante aceite de oliva virxe extra), as conclusións extraidas ocasionaron unha verdadeira revolución no mundo académico.
Os investigadores determinaron que o aceite de oliva virxe extra, ao quentarse e entrar en contacto coas hortalizas, transfire os fenois cara aos vexetais, o que se traduce nun enriquecemento das verdura que pasan a conter compostos fenólicos exclusivos do aceite.
Pero o que nun caso é un enriquecemento e unha vantaxe notable para a saúde, noutro supón un aumento da achega calorífica, polo que se buscamos levar unha dieta sa, equilibrada e baixa en graxas quizais non sexa a opción máis acertada.
Cabe destacar que o aceite de oliva virxe extra é a base e o eixe da dieta mediterránea, recoñecida pola UNESCO como Patrimonio Inmaterial da Humanidade. E é que non só falamos de alimentos e combinacións saudables, falamos dun estilo de vida, dunha filosofía ao sentarnos á mesa, dunha forma cultural de entender algo tan primario e instintivo como a alimentación.
Ademais deste último achado, moitos e moi variados son os beneficios do aceite de oliva virxe para a nosa saúde, enmarcado, por suposto, dentro da dieta mediterránea.
Decálogo dos beneficios, internos e externos, do aceite de oliva para a saúde
- Aliado contra o colesterol, axudando a diminuír os niveis de LDL
- Os polifenois e o ácido oleico contribúe a frear a hipertensión e as enfermidades cardiovasculares
- Axuda ao sistema dixestivo, diminuíndo os ácidos e previndo o estrinximento
- Mellora o desenvolvemento cerebral, fomentando melloras cognitivas e potenciando a memoria
- O aceite de oliva virxe extra ten propiedades antiinflamatorias
- Mellora a absorción de calcio, o magnesio e o cinc, polo que é un aliado importante fronte a enfermidades óseas como a osteoporose
- O seu alto contido en vitamina E convérteo nun dos antioxidantes máis potentes
- Un potente hidratante natural, para a pel, o cabelo e as uñas
- Pola súa textura e propiedades é perfecto para preparar ungüentos para masaxes fronte a contracturas musculares
- Achega elasticidade á pel, o que o converteu en base de moitas cremas corporais

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103