Almorzar cos nenos en verán para axudar a crear hábitos saudables no futuro
![[Img #19981]](upload/img/periodico/img_19981.jpg)
En verán as familias acostuman a compartir máis tempo xuntas e isto é algo que se debe aproveitar empezando polo almorzo. Para fomentar dende pequenos o hábito do almorzo, é fundamental que na casa se senten todos a almorzar, deféndese dende Blemil, especialistas en leites infantís. Durante o ano, se os pais toman un café de pé e a toda présa, non poden pretender que os nenos fagan algo diferente, a pesar de que non sexa o correcto. Así, o almorzo debe cubrir a cuarta parte das necesidades enerxéticas dos nenos, e se o contido non é completo ou é insuficiente, o rendemento e o estado de ánimo do pequeno poden resentirse, chegando, mesmo, a ocasionar cansazo e falta de atención.
En condicións normais o neno debería dedicar uns 15 minutos a facer esta primeira comida do día, pero a realidade móstranos que o panorama ideal do almorzo poucas veces se cumpre: ou ben porque non ten apetito a esas horas ou porque almorza pouco e con présas, antes de ir ao colexio ou á gardaría. É por iso que, segundo os expertos, toma importancia o verán como período de formación. Para que un almorzo sexa completo os expertos consultados por Blemil afirman que debería incluír os seguintes grupos de alimentos: Lácteos (fundamentalmente leite), froita (natural ou en zume) e hidratos de carbono (cereais, pan galletas, mellor que bolería industrial).
O leite toma importancia neste período e por isto para os asesores en nutrición débeselle dar un papel destacado no almorzo. A partir dos 6 meses, cando a alimentación se diversifica, os produtos lácteos (leite e derivados) seguen sendo un piar fundamental da dieta, ata o punto que os expertos en nutrición pediátrica recomendan un consumo de entre medio litro e un litro diario, é dicir, entre 2 e 4 porcións de lácteos en función da idade.
No caso dos nenos de curta idade, unha boa solución son as fórmulas de crecemento con cereais ou con cereais e froita. Estas variedades, incorporan na súa composición cereais e froitas que lle aseguran unha interesante achega de enerxía -maior que o dun vaso de leite- e un sabor que adoita gustar moito, ademais de estar especialmente adaptada ás necesidades nutricionais dos nenos entre 1 e 3 anos. A esta idade, o sistema dixestivo non está aínda preparado para tolerar o contido en proteínas do leite de vaca.
Outra vantaxe dalgunhas das fórmulas de crecemento é que foron enriquecidas para favorecer as defensas do neno e o desenvolvemento dunha axeitada flora intestinal. Son unha excelente opción tanto para os bebés a partir de 12 meses coma para os nenos de máis idade aos que lles custa tomar algo máis que un pouco de leite.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103