Os cidadáns confiamos na sanidade pública pero queixámonos da falla de información
![[Img #19983]](upload/img/periodico/img_19983.jpg)
Aos españois séguenos convencendo a sanidade pública. Ou polo menos é o que se desprende dos datos do último Barómetro Sanitario do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), correspondente a 2014. Para a maioría dos cidadáns a sanidade é unha das áreas de maior importancia, unicamente superado polas cuestións laborais.
O 45% dos sondados considera que o sistema sanitario funciona ben aínda que necesita algúns cambios, e a satisfacción co funcionamento do sistema sanitario público recibe unha puntuación media de 6,31.
Ao elixir un servizo sanitario público sobre un privado, os cidadáns valoran mellor a tecnoloxía e os medios dispoñibles, a capacitación do pesonal médico, a información que reciben sobre os seus problemas de saúde e o trato persoal. Así, prefiren un centro privado a un público en función da rapidez con que lle atenden e o confort das instalacións.
Valoración dos hospitais
Só un 8,7% de cidadáns que participaron nesta sondaxe estiveran ingresados nun hospital, á marxe de se eran de titularidade pública ou privada. Dos pacientes que permaneceron ingresados en hospitais públicos, unicamente o 56,4% puido participar en decisións sobre o seu problema de saúde e tratamento.
Por outra parte, ao 72,4% dos enquisados asignáronlle un profesional ao que acudir para calquera cuestión relacionada coa súa doenza, e un 84,3% estima que a atención recibida no hospital público foi boa ou moi boa.
En canto á valoración da asistencia en hospitais públicos, nunha escala de 1 a 10, os cidadáns destacan o equipamento e os medios tecnolóxicos cun 7,84 de media, os coidados e atención do persoal de enfermaría cun 7,5, e os coidados e atención por parte do persoal médico cun 7,45.
Séguelle a información recibida sobre a evolución do seu problema de saúde cun 7,34 e os consellos do médico sobre alimentación, exercicio, tabaco, alcohol e outros aspectos, cun 7,25. Pero o tempo de demora para un ingreso non urxente non chega ao aprobado; valórase cun 4,71.
Pouca información
A información que facilitan os servizos sanitarios públicos é outro dos aspectos que deixa que desexar. Nunha escala do 1 -non se facilita ningunha información- ao 10 -facilita moita información-, a media non alcanza o aprobado, salvo na información que se emite a través de campañas sobre os principais problemas de saúde (5,15).
Non convence tampouco a información relativa aos servizos sanitarios que se prestan (4,95), o referente aos dereitos e as vías de reclamación (4,02), a información sobre as medidas e leis sanitarias que se aproban (4,12) e os datos que se facilitan sobre os custos e o bo uso dos servizos sanitarios, que só obteñen de media un 4,31.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103