Mos
O Concello recibe ó presidente da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires e homenaxéao polos 97 anos de historia da agrupación
José Leirós, acompañado pola súa muller, compartiu parte da mañá de onte cos membros do equipo de goberno local
O equipo de goberno local de Mos recibiu onte no salón de sesións do Concello ó presidente da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, José Leirós, que ven de estar pasando uns días nesta súa localidade natal e que regresará en breve, acompañado pola súa muller, á capital arxentina.
Leirós recibiu por parte do Concello un simbólico agasallo para a Asociación que preside, consistente en material musical e de vestiario para o grupo folclórico da agrupación.
A Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, que no ano 2010 recibira a Medalla ó Mérito Cultural do Concello de Mos entregada con motivo das Festas da Rosa de tal data, cumpre este ano o seu 97 aniversario; preto dun século de historia. Neste sentido a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, felicitou a Leirós polo encomiable labor cultural e social levado a cabo durante tan longa andadura pola Asociación. “Douvos as gracias polos moitos anos de historia e traballo desta Asociación, cuxos integrantes representades a undécima parroquia do Concello de Mos. O voso esforzo e bo facer para preservar e manter as nosas cultura, tradicións e raíces na emigración son dignos dos máis absolutos respecto e admiración por parte de todos e todas as mosenses”, trasladáballe a rexedora local ó presidente, José Leirós.
Así mesmo as concelleiras de Cultura e Participación Cidadá, Sara Cebreiro e Kely Monzón, respectivamente, destacaban que “a pesar de atoparse tan lonxe físicamente de Mos, a Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires logrou consolidarse como unha das agrupacións máis fortes e activas do tecido asociativo mosense, o que ten un enorme mérito”, dixeron.
Arévalo concluiu as súas palabras trasladándolle a José Leirós que “persoalmente vos levo sempre no meu corazón e sei que este é o sentir común tanto dos demais membros do equipo de goberno e Corporación Municipal, como do resto de habitantes de Mos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213