Sábado, 04 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 25 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

Abertas as inscricións para a V Travesía a Nado Eurocidade Tui-Valença

[Img #19993]O calendario deportivo da Eurocidade para o ano 2015 inclúe, dentro dos 19 eventos deportivos programados para este ano, a V Travesía a Nado Eurocidade, que se celebrará o domingo 6 de setembro, a partir das 12 horas españolas, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Club de Actividades Acuáticas Baixo Miño.

 

Ó igual que nas edicións anteriores, o lugar de concentración será o Centro Interfederado de Tui, a partir das 10.30 horas españolas, dende onde se levarán ós participantes ata o lugar de saída da proba, o Cais de Valença. A distancia a percorrer será de 900 metros, e dado que este evento ten carácter popular, estará permitido o uso de neopreno e aletas.

 

A “V Travesía a Nado Eurocidade” volverá a ser solidaria, polo que os participantes doarán un quilo de alimentos non perecedoiros na súa inscrición á asociación SOS Baixo Miño.

 

As inscricións poderán facerse ata o 3 de setembro, enviando a solicitude ao enderezo electrónico deportes@concellotui.org ou piscinavalenca@gmail.com.

 

Por outra banda, a Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Tyde F.C. e co S.C. Valenciano, organizan o “II Trofeo Eurocidade Cup”, que enfrontará ós dous equipos de fútbol, este sábado día 29, ás 18.00 horas, nas instalacións deportivas municipais “Álvarez Durán” de Tui.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.