Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 27 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Os alcaldes das comarcas do Condado e A Paradanta solicitan unha reunión co Vicepresidente da Xunta de Galicia para tratar a problemática do transporte ao novo hospital

Xosé Represas, alcalde de Ponteareas, vén de facer efectivo o comunicado no que solicita a xuntanza co Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda

[Img #20012]O alcalde do Concello de Ponteareas, Xosé Represas, vén de facer efectivo o comunicado no que se demanda un encontro co Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para procurarlle solucións ás carencias coas que conta agora mesmo o sistema de transporte público cara ao novo hospital “Álvaro Cunqueiro” nas comarcas do Condado e A Paradanta.

 

O envío deste comunicado responde ao acordo chegado entre todos os rexedores municipais dos concellos de ámbalas dúas comarcas nun encontro mantido en datas recentes. Nesa reunión, os diferentes responsables cadraron na necesidade de desenvolver un traballo conxunto neste aspecto e comprometéronse a enviar os comunicados oficiais dende cada un dos concellos afectados.

 

O obxectivo desta petición por parte de Xosé Represas e do resto de alcaldes non é outro que o de demandar á Xunta de Galicia un servizo de transporte público de calidade para que todos os veciños e as veciñas das comarcas do Condado e A Paradanta poidan desprazarse até o novo hospital de Vigo “Álvaro Cunqueir

 

Todos os representantes defenderán a necesidade de que este servizo sexa áxil, operativo e directo, ademais de ter unha correspondencia en termos de tempo e custo económico coas cifras que até agora eran necesarias para desprazarse até o hospital Meixoeiro.

 

A xuntanza tamén servirá para presentar como prioridade a gratuidade do aparcamento deste centro hospitalario, pois as tarifas que xa se están aplicando supoñen un enorme gasto para moitas persoas que precisan permanecer horas no complexo para tratar as súas doenzas.

 

Os encontros mantidos até agora entre os diferentes rexedores poñen de manifesto a coincidencia de todas as partes na falta de previsión por parte dunha Xunta de Galicia que, asemade, é a administración que debe aportar solucións, pois goza das competencias de sanidade e de transporte. Dita carencia de planificación prexudica ao transporte público e impide ofrecer un servizo que xa se converteu nunha auténtica demanda social por parte da veciñanza de todos estes concellos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.