GALICIA
A rede ContraMINAcción reunirase cos partidos políticos galegos para esixirlles un posicionamento claro fronte á megaminería destructiva
Co fin de darlles a coñecer o traballo desenvolvido polos máis de vinte colectivos que integran a rede ContraMINAcción contra a megaminería destructiva, integrantes desta plataforma cidadá reuniranse mañán, venres 22, con representantes de Compromiso por Galicia (CxG) e do Partido Socialista (PSdG).
A primeira destas xuntanzas terá lugar ás 16.00hrs. no Local Nacional do Sindicato Labrego Galego (SLG) en Compostela con CxG. Posteriormente, ás 18.00hrs. levarase adiante a reunión co PSdG nas dependencias ocupadas por dito partido no Parlamento da Galiza.
O obxectivo destas xuntanzas será pedir un posicionamento público e claro por parte destas formacións políticas diante dos proxectos de megaminería destructiva que ameazan neste momento o ecosistema e tecido produtivo galego. Na actualidade máis de 50.000ha. do noso territorio están baixo o punto de mira de transnacionais mineiras, ameazando zonas como Corcoesto, A Limia, Castrelo de Miño, Santa Comba, Zas, Compostela, Ordes, A Fonsagrada e os Ancares, así como espazos naturais coma as serras da Groba, do Argalo e do Galiñeiro; os montes do Tetón e da Arxada e o Parque Natural das Fragas do Eume.
Unha segunda xeira de reunións terá lugar no Local Nacional do SLG o venres da vindeira semana, 29 de novembro, con representantes da coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ás 16.00hrs., e co Bloque Nacionalista Galego (BNG) ás 18.00hrs.
Arestora están pendentes tamén da resposta do Partido Popular (PP), quen inda non se pronunciou ao respeito da posibilidade de se reunir ca rede ContraMINAcción no marco desta rolda de xuntanzas cos grupos políticos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101