Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 30 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:

Os novos pregos da recollida de lixo incorporan numerosas novidades que mellorarán notablemente o servizo

O documento conta co consenso de toda a Corporación Municipal

[Img #20044]

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou hoxe de que xa está rematado  o novo prego de prescripcións técnicas do servizo de recollida de Residuos Sólidos Urbáns (RSU) e limpeza viaria, que se levará a aprobación ó vindeiro Pleno da  Corporación Municipal para sacar a licitación dito servizo.

 

Os trámites xa iniciados e que concluirán unha vez estea contratada a empresa concesionaria, terán un proceso de duración de entre dous e tres meses, coa intención de que con data 1 de xaneiro de 2016 entre a funcionar o novo servizo; segundo explicou a rexedora local mosense.

 

Novidades

 

Ademais Arévalo adiantou unha serie de novidades que inclúe o prego respecto dos anteriores e que contemplan a xestión conxunta da recollida dos residuos da fracción resto así como a selectiva de vidro, papel-cartón e envases lixeiros, co que se mellora a eficiencia e eficacia do servizo prestado.

 

[Img #20045]Outra novidade é a posibilidade de que as empresas ofertantes presenten a opción de recollida lateral nas zonas máis urbanas do Concello, onde sexa posible; así coma a identificación de todos os contenedores mediante un código de barras/número para coñecer exactamente a situación e estado de cada un deles.

 

Novidosas son tamén as obrigatoriedades para o concesionario de identificar os tipos de residuos que admite cada contenedor e de realizar una campaña anual de concienciación ciudadá. Ademais a a empresa concesionaria deberá dispoñer dun teléfono de atención ós usuarios para recibir queixas, peticións, etc.

 

Neste servizo de limpeza incluirase a limpeza viaria nos polígonos industriais do Concello de Mos (Veigadaña, Rebullón, Santiaguiño, Arrufana, Monte Faquiña), así coma o baldeo manual e o barrido mecánico; ademais de servizos especiais de limpeza tales coma retirada de carteis, adhesivos e pintadas, excrementos caninos, limpeza de sumidoiros, limpeza de manchas de aceite, graxa ou calquera outro tipo de material líquido nas vías públicas e limpeza na época da caída da folla.

 

Melloras

 

Nidia Arévalo destacou tamén as melloras contempladas nos pregos e que permitirán optimizar o servizo público de recollida de lixo. Entre outras medidas duplicarase o persoal adicado á limpeza viaria do Concello, debido a que se aumenta a frecuencia nalgunhas zonas como por exemplo Sanguiñeda, Puxeiros, Peinador e o Pazo de Mos.

 

Refórzase o servizo de recollida de residuos voluminosos, mobles, enseres, etc. cunha frecuencia de unha vez por semana cando antes eran dúas veces ó mes.

 

Ademais os vehículos compactadores que se utilicen na recollida dos RSU serán de nova adquisición ou como máximo cunha antigüidade de 5 anos, polo que se mellorará na reducción de ruidos, emisión de gases, etc.

 

Tamén se mellora o parque existente de contenedores, auméntase a frecuencia da limpeza de tódolos contenedores e dótase a tódolos contenedores de sistemas de fixación e anclaxe.

 

Consenso

 

Por último a alcaldesa destacou que o documento dos novos pregos do servizo de recollida de basura conta co visto bo de tódolos grupos políticos da Corporación Municipal e que nel se incorporaron tamén aportacións dos grupos da oposición tales coma: incluir no prego administrativo a subrogación do persoal existente e que actualmente está realizando o servizo de recollida de RSU e limpeza viaria, incluir a posibilidade de reservar unha porcentaxe a grupos con algún grao de minusvalía; incluir como un servizo especial de limpeza a recollida da poda, sobre todo na época na que máis se realiza, cunha frecuencia mínima dunha vez ao mes.

 

Dentro do servizo de concienciación cidadá que deberá realizar a empresa adxudicataria, mediante a realización dunha campaña informativa anual, que se preste especial atención en realizar actividades en centros educativos e asociacións veciñais.

 

Obriga por parte do concesionario de dispoñer dun sistema de xeolocalización dos camións empregados na recollida, así como dispoñer dun sistema de control que permita facilitarlle ó Concello no menor tempo posible, o estado de cada contenedor, a súa situación, se foi vaciado, etc.

 

Aumentar a frecuencia de lavado dos contenedores para a recollida da fracción resto nos meses de verán e nas zonas urbanas a unha vez ao mes (de xuño a setembro ambos meses incluidos) e aumentar a frecuencia de lavado dos contenedores de envases lixeiros e vidro a catro meses ao ano.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.