GALICIA
Feijóo: “No novo curso tomaremos as decisións polas que estivemos esperando porque os esforzos non foron en balde”
Afirma que “hai partidos que son novos pero están a bater records de caducidade”; mentres este partido “reacciona”
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que “neste novo curso tomaremos as decisións esperadas polas que levamos moito tempo traballando”, e considerou que isto é froito do traballo feito nos últimos anos e demostra que “os esforzos non foron en balde”.
Durante a celebración do acto de apertura do curso político do Partido Popular, que Feijóo cualificou de “transcendental para España, apuntou que grazas ao traballo feito ata agora hoxe pódense presentar orzamentos que crecen substancialmente, incrementar os programas de atención social ou presentar a reforma fiscal pola que estivemos traballando todos estes anos.
Feijóo asegurou que o país está máis preto da situación pola que os cidadáns agardaron durante os últimos tempos, do mesmo xeito que tamén o partido “está máis cerca do que a xente espera de nós”.
Ao fío disto apuntou que o Partido Popular “foi o único que escoitou as urnas” e “en lugar de regodearse nos votos acadados fixouse con humildade nos que non acadou”. Ademais, lembrou que mentres outras formacións “se pechaban nos despachos a repartir cartos e cargos”, o PPdeG "saíu á rúa a escoitar á xente e preparar a Ponencia política" dixo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101