Nigrán
O Concello de Nigrán adquirirá unha parcela para almacén municipal en Porto de Molle
A Deputación de Pontevedra otorgou un préstamo a longo prazo e sen intereses de 344.679,41 euros para a compra do terreo.
O Concello de Nigrán abandonará o 1 de marzo o actual almacén municipal ubicado na rúa dos Pazos, data en que finaliza o contrato, para trasladarse a unha nave de aluguer provisional en Porto do Molle mentras construé un definitivo no mesmo polígono. Con este fin, a Deputación de Pontevedra asinou o pasado día 27 a concesión dun préstamo ao Concello de 344.679,41 euros a longo prazo e sen intereses para a adquisición da parcela 13.12, de 2.334 metros cadrados e por valor de 284.859 euros. A partir do 1 de marzo e mentras se constrúe esta nova nave, o Concello alugará outra no módulo central de Porto do Molle de 545 metros cadrados de superfie e 193 de oficinas por 1.691 euros ao mes, un 40% máis barata que o aluguer da nave actual en Nigrán, en pésimas condicións e de superficie similar.
O anterior goberno do Partido Popular asinou o 16 de febreiro de 2012 o contrato de aluguer da nave de Nigrán con 'Jefego Naves y Locales S.L cunha duración de catro anos e por 4.235 euros ao mes pese aos diferentes reparos sinalados polo interventor e a advertencia do técnico municipal da necesidade de revisar as condicións de seguridade contra incendios e a normativa de condicións mínimas de seguridade e saúde dos centros de traballo ou o cumplimento da ordenanza municipal contra a contaminación acústica. Este contrato, que entrou en vigor o 1 de marzo de 2012 para finalizar 0 1 de marzo de 2016 (a maiores contemplaba a posibilidade de ir renovándoo ano a ano) supón un desembolso total de 203.280 euros para as arcas municipais sen contar os investimentos realizados polo anterior goberno en obras de mellora. Así, o propio interventor reparou cada un destes gastos de inversión e sinala nun informe que ata abril de 2013 se gastaron en proxectos técnicos, reparacións e acondicionamento desta nave 28.909,07 euros (non se conta o gasto da man de obra nen o asfaltado realizado na superficie da nave).
“Queremos poñer fin ao dispendio de cartos que supón o alquiler da nave da rúa dos Pazos que, como xa denunciamos na anterior lexislatura, ademáis de resultar costosísima nin sequera cumpre as condicións mínimas. Consideramos que se fixo un contrato abusivo e en contra dos intereses de Nigrán, xa que en só catro anos de aluguer vanse gastar os mesmo cartos que supoñen a compra da parcela en Porto do Molle sen que neste tempo o Concello de Nigrán vira nin sequera aumentado o seu patrimonio”, valora o alcalde, Juan González, quen tamén destaca a importancia da nova ubicación en Porto do Molle, “un polígono en pleno crecemento e polo que o Concello tamén aposta para instalarse e, así, impulsalo aínda máis”.
Nun informe realizado polo interventor con respecto ao orzamento xeral do ano 2015 se sinala a necesidade “de contar no prazo máis breve posible, cun almacén municipal propio e plenamente conforme coa normativa urbanística aplicable”. “Reitérase a imprescindible necesidade de contar cun almacén de propiedade municipal (non alugado) plenamente conforme coa normativa urbanística aplicable e dotado dos correspondentes sistemas de control de existencias, de entradas, saídas e destinos, así como do método de valoración de existencias que se estime máis adecuado”, continúa o informe.
O almacén rexistrou varias mudanzas nos últimos seis anos, a Xunta expropiou en 2009 o antiguo de A Lagoíña para realizar o acceso á autopista ata Porto do Molle, tras esta demolición as naves e materiais repartíronse entre a escola taller de Paradellas e un baixo alugado de A Ramallosa. Xa en 2011, co goberno de Alberto Valverde, procedeuse o aluguer da actual nave da rúa dos Pazos. “O novo almacen en Porto do Molle supón a solución definitiva a un problema antigo do Concello de Nigrán que significaba un gasto inasumible. Aforraremos moitos cartos ao tempo que aumentará o patrimonio municipal”, resume González.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22