Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 02 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

A Ludoteca Municipal de Mos volve ó seu horario habitual tras as vacacións infantís de verán

O cambio realizarase o vindeiro día 9 de setembro

Con motivo de facilitar a conciliación familiar, a Ludoteca Municipal de Mos abre en horario de mañá de 08:00 horas a 14:30 horas ata o vindeiro día 9 de setembro e a partires de ahí volve ó seu horario habitual ampliado de 15:30 horas a 20:30 horas. Os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade poderán desfrutar dun espazo de ocio con múltiples actividades, dende unha horta ecolóxica ata obradoiros creativos e xogos tradicionais.

 

O edificio que alberga as dependencias da Ludoteca Municipal está reformado íntegramente, totalmente adaptado, amoblado e equipado con material didáctico. Abriu as súas portas ao público en decembro do pasado ano 2014 e a capacidade máxima do centro é de 40 prazas para 40 nenas e nenos de 3 a 12 anos de idade.

 

[Img #20165]O local da ludoteca conta cunha superficie total de 173,28 metros cadrados repartidos entre dúas aulas, un almacén, tres aseos e un hall de entrada. A maiores as instalacións contan cun patio exterior orientado á realización de xogos infantís ó aire libre que ten unhas dimensións de 620 metros cadrados.

 

O obxectivo do servizo de ludoteca é principalmente fomentar a conciliación da vida familiar e laboral dos pais e nais traballadores veciños do Concello de Mos.

 

A entidade xestora da Ludoteca Municipal de San Rafael organízaa como un espazo aberto e integrado plenamente na comunidade mosense, que preste un servizo flexible e adaptativo que permita ás familias poder levar a cabo unha conciliación familiar satisfactoria. Os principios educativos que rixen o funcionamento da Ludoteca son a liberdade na acción e na creación nun entorno planificado e a participación democrática tanto do equipo educativo como dos participantes. Todo elo partindo dunha metodoloxía activa e participativa onde os rapaces e rapazas non son meros receptores, senón que se sitúan como entes activos e creadores.

 

Ademais os nenos e nenas teñen á súa disposición ó equipo educativo en todo momento para poder facer peticións, expresar queixas ou melloras, para facilitar o proceso de adaptación real ós gustos do grupo. Os pais poden avaliar o servizo de Ludoteca en reunións co equipo educativo ou mediante o buzón de suxerencias e enquisas avaliativas.

 

Os usuarios da Ludotecas aprenden xogando mediante obradoiros, xogo libre, deportes, contacontos, reciclaxe, xardiñeiría, cociña e repostería creativa, actividades ó aire libre, psicomotricidade, préstamo de xogos e xoguetes, saídas e actividades temáticas. Todo impartido e coordinado por pedagogos e persoal cualificado.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.