Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 03 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Traballo inviste 650.000 euros en actividades para mellorar a empregabilidade dos veciños de Mos

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou onte o Plan integrado de emprego ‘Mos 3.0’, con 90 beneficiarios, e o obradoiro ‘Mos coa mocidade’, enmarcado no programa de Garantía Xuvenil, que terá 16 alumnos

[Img #20179]


A Consellería de Traballo e Benestar vai investir un total de 650.000 euros en cinco actividades deseñadas para mellorar a empregabilidade dos veciños e veciñas de Mos, iniciadas entre agosto e setembro, cun total de 155 beneficiarios.

 

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou onte o Plan Integrado de Emprego, que botou a andar onte mesmo, e o obradoiro ‘Mos coa Mocidade’, enmarcado no programa de Garantía Xuvenil, que comezará a impartirse a finais destes mes. A estas dúas iniciativas hai que engadir outro obradoiro concedido a través da orde anual ordinaria e dous cursos de formación postos en marcha no mes de agosto no concello nas especialidades de  ‘marketing e compraventa internacional’ e ‘xestión administrativa e financeira do comercio internacional’.

 

A responsable de Traballo indicou que Mos é, xunto con A Coruña, Ferrol e Redondela, un dos catro concellos que conta con tres programas mixtos de emprego de forma individual para a anualidade 2015-2016.

 

No programa integrado de emprego ‘Mos 3.0’ van tomar parte 90 beneficiarios, dos cales 71 teñen que ser desempregados menores de 30 anos (e 54 deles menores de 30 anos con baixa cualificación). O proxecto conta cun orzamento total de máis de 280.000 euros, dos cales a Consellería achega 216.000 euros, é dicir, o 77% do total. Conta cun obxectivo mínimo de inserción do 46%, o que vai significar un total de 41 insercións laborais.

 

Beatriz Mato indicou que, contando con este, nestes días estanse a poñer en marcha 21 programas integrados por toda Galicia, nos que participan concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades ou deputacións. En total, hai 1.562 beneficiarios e o investimento por parte da Consellería é de 2,9 millóns de euros.

 

Obradoiro para menores de 30 anos

 

Pola súa banda, o obradoiro de emprego ‘Mos coa mocidade’ enmárcase no programa de Garantía Xuvenil, dirixido a mozos e mozas menores de 30 anos que nin estudan nin traballan, e pretende ofrecerlles unha oportunidade de formarse, adquirir experiencia laboral e mellorar o seu currículum.

 

O programa, que dará comezo a finais do mes de setembro, contará con 16 alumnos que recibirán formación e o acceso a un posto de traballo en dúas especialidades diferentes: a dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil e a limpeza de espazos abertos e instalacións industriais.

 

Os participantes recibirán unha formación teórica e práctica de calidade que, ademais, está vinculada á obtención dun certificado de profesionalidade de validez nacional. Ademais, estas iniciativas están ligadas á realización de obras e servizos en beneficio da comunidade. En concreto, este obradoiro vai permitir a recuperación ambiental de espazos públicos e a organización de actividades de tempo libre educativo dirixidas aos máis novos.

 

Ao mesmo tempo, estase xa a desenvolver outro obradoiro en Mos con 19 alumnos nas especialidades de pavimentos e albanelería de urbanización; mecanizado de madeira e derivados; e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes. Nestes dous programas mixtos invístense 305.000 euros, unha cifra que hai que sumar aos catro obradoiros que a Consellería xa financiou en Mos en anos anteriores e que acada un orzamento total de 2,16 millóns e 161 beneficiarios.

 

A titular de Traballo lembrou que, ademais de blindar a orde anual de obradoiros, por primeira vez este ano realizarase unha convocatoria incluída dentro do novo programa de Garantía Xuvenil, o que quere dicir que no presente ano investiranse en total 15 millóns de euros na posta en marcha de máis de 70 obradoiros, nos que participarán 2.000 alumnos. Un investimento superior nun 50% ao do pasado ano.

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.