GALICIA
Galicia pecha agosto con 213.732 persoas desempregadas, 2.639 menos que o mes pasado
O número de desempregados galegos descende este mes en todas as provincias e en todos os sectores económicos
O paro descendeu en Galicia no mes de agosto en 2.639 persoas con respecto ao mes anterior, o que en termos porcentuais se traduce nun -1,22 por cento, unha porcentaxe que supera á media estatal tanto en termos interanuais e intermensuais. Deste xeito, o número de inscritos nas oficinas de emprego sitúase actualmente nas 213.732 persoas.
A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, explicou hoxe que este é o sétimo descenso mensual consecutivo no que vai de 2015, “e o segundo ano consecutivo no que se consegue reducir o paro rexistrado nun mes de agosto en termos interanuais”.
Díaz resaltou que Galicia é a Comunidade autónoma de todo o Estado na que máis baixou o paro este mes en termos absolutos e a terceira rexión en termos relativos.
Precisamente, a responsable autonómica tamén puxo en valor a evolución interanual, cunha diminución do -9,79% (-23.207 persoas). Así, resaltou que se rexistrou a maior baixada interanual en termos absolutos dun mes de agosto de toda a serie histórica (estatísticas desde 1996).
Ademais, con este descenso, xa se acumulan vinte e dous baixadas interanuais consecutivas desde novembro de 2013. Grazas a este comportamento, Galicia volve a niveis de paro inferiores aos que existían en 2011, isto é, o desemprego volve a niveis de hai catro anos.
En España, o desemprego subiu en 21.679 persoas, un 0,54 por cento, ata situarse nos 4.067.955 parados. Deste xeito, Galicia, con respecto á media estatal, presenta un mellor comportamento, superando en 1,66 puntos a variación interanual do conxunto estatal. Tamén presenta un comportamento máis favorable en termos intermensuais, 1,76 puntos por riba.
O desemprego descende en todos os sectores económicos. A principal diminución rexístrase no sector servizos (-1.498) en termos absolutos, aínda que en termos relativos a maior baixada é a do sector da construción (-1,87%). En termos absolutos, a continuación dos servizos, sitúase a construción (-504), a industria (-324), o colectivo sen emprego anterior (-179), e a agricultura e a pesca (-134).
Por provincias, o desemprego baixou en todas elas, especialmente na Coruña (-933), seguida por Pontevedra (-918), Ourense (-544), e Lugo (-244).
Na evolución dos contratos, o número, en termos interanuais, sube respecto ao mes de agosto do ano 2014. En concreto, en Galicia rexistráronse 3.931 contratos máis, o que supón unha variación porcentual positiva do 5,46 por cento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22